Todas as colaboracións

Como imaxinan que é o videoclip da canción ‘A túa gravidade’ de Chicharrón?

Como imaxinan que é o videoclip da canción ‘A túa gravidade’ de Chicharrón? Falamos de videos musicais a través das ondas radiofónicas nesta colaboración de Cibrán Tenreiro.

Afondamos na obra de Alice Vieira

 

A escritora portuguesa Alice Vieira no centro da colboración de literatura infantoxuvenil de Montse Pena Presas, que recomenda dúas das súas obras: A lúa non está á venda (Galaxia, 1990) e Caderno de agosto (Xerais, 1999).

 

Falamos do Festival Noroeste da Coruña

A Coruña está a vivir estes días o Festival Noroeste. Este mediodía comezaron as sesións matinais e mañá o festival chega á praia de Riazor. Durante a fin de semana, celebrase o mercado da colleita, con concertos no parque do Paseo das Pontes. Con Tito Lesende descubrimos algunhas propostas para desfrutar das últimas xornadas dun dos festivais urbanos e gratuítos máis importantes da península.

Crónica dende o Festival Intercéltico de Lorient

Crónica de Luís Miguel Crespo dende Lorient, un dos grandes espectáculos internacionais que ten a Galicia como cultura convidada.

Homenaxeamos a Celso Parada

Comezamos a colaboración semanal de Roberto Pascual nas Artes escénicas cunha lembranza ao actor Celso Parada (Moaña, 1958), falecido esta fin de semana. Reflexionamos arredor da representación de Dona Barriga Verde de Larraitz Producións nas rúas de Sarria.

Publícanse os poemarios ‘Santa morte’ e ‘Minutos para a medianoite’

Na sección de poesía con Alba Cid falamos de novos poemarios da Editorial Galaxia: Santa Morte e Minutos para medianoite.

Santa Morte (Editorial Galaxia, 2019), é o novo poemario do poeta, narrador e guionista Manuel Darriba. Abríndose co paseo vespertino dunha muller nonaxenaria, o poemario explora certos límites e fendas para enfrontarnos ao paso do tempo, á Historia e ao Real con maiúsculas, ao dicible, a todo aquilo que criamos coñecer. Como acontecía no poemario precedente, Os indios deixaron os verdes prados (2010), o volume repousa nas imaxes e metáforas, así como nun efectivo modo de perfilar escenas entre o cotiá e o onírico, entre a consistencia e a inconsistencia de todo. Un poemario contido, tan reflexivo como desacougante, capaz de colocarnos nunha zona de penumbra, cos sentidos espertos.

Minutos para medianoite (Editorial Galaxia, 2019) é un poemario da autoría conxunta de Xavier Queipo e Ramón Neto, dous autores galegos residentes en Bruxelas e inseridos no Collectif de poètes bruxellois. O limiar do divulgador científico lugués Xurxo Mariño abre o libro, descubríndonos a natureza poético-científica do volume e reivindicando o coñecemento científico como chave poética, que amplía a capacidade de goce e interrogación. Cunha arquitectura coidada e abondas notas a pé, o volume fai pé en certezas e misterios científicos para explorar poeticamente ondas e partículas, invasións celulares, glaciares ou vórtex plásticos. Unha achega singular e dual, en diálogo con múltiplos interrogantes dos nosos días.

Malraio estrea os nosos ‘Concertos escolleitos’ deste mes de agosto

 

Concertos escolleitos é o título da sección de agosto de Matías Tarrio. Na primeira entrega fai unha crónica do concerto de Malraio nos Atardeceres do Gaiás e acuña termo para fans: @s malraiers. Tamén ecomenda tres proposta do amplo cartel do festival Noroeste da Coruña: Faia, Paul Collins e Bart Davenport.

 

Unha ollada arredor do XXII Salón do Cómic Viñetas dende o Atlántico

Na súa colaboración semanal, Carlos Portela cóntanos o mellor que traerán estas xornadas de banda deseñada, que comezan hoxe na Coruña.

Repasamos a obra infantil do ilustrador Eric Carle

A colaboración semanal de Montse Pena tráennos hoxe ao ilustrador estadounidense e criado en Alemaña, autor de obras coma Unha eiruga moi larpeira ou O artista que pintou un cabalo azul.

‘Os camiños de Breogán’, no Festival de Lorient

A zarzuela galega ‘A lenda de Montelouro’ no centro de colaboración de Luís Miguel Crespo. É unha obra das obras que conforman o espectáculo ‘Os camiños de Breogán’ que abrirá o 3 de agosto o programa Galicia como cultura convidada do Festival Intercéltico de Lorient.

Pin It on Pinterest