Todas as colaboracións

Rufus T. Firefly chega a Galicia

Tito Lesende fala das novidades discográficas desta semana como o novo traballo de Leiva ou Bonnie Tyler pero tamén dos concertos que nos agardan nos vindeiros días como o de Rufus T. Firefly o venres na Coruña e o sábado en vigo.

Gala da 23ª edición dos Premios María Casares de Teatro 

A Asociación de actores e actrices de Galicia organiza os Premios do Teatro Galego, que por vez primeira serán retransmitidos en directo dende o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en streaming por YouTube.

Facemos un repaso polas candidaturas, entre as que destacan, como favoritas, Commedia con 12 nominacións e Divinas Palabras Revolution con 7. Falamos do manifesto de Carlos Santiago, un alegato á liberdade de expresión e creación e unha profunda reflexión sobre o obsceno e o sublime no teatro. Precisamente o actor e dramaturgo foi denunciado por blasfemia e insulto pola ingrexa e sectores conservadores que viron inapropiado o seu dircurso dopregón do entroido de Compostela 2018. Con esta decisión da AAAG de encargar o manifesto a Carlos Santiago, tamén se fai patente o apoio da profesión ao creador e á súa lexítima liberdade de pensamento e manifestación.

Na Gala tamén veremos, alén das propias sorpresas e do espectáculo que xirará en torno ás artes do circo e do clown, a entrega dos Premios de Honra Marisa Soto ás Aulas de Teatro universitarias de Santiago e de Ourense.   Foron canteira de moitos profesionais cando non existía unha escola superior de Arte Dramática en Galicia, dinamizadoras da actividade escénica e pontes internacionais con prestixiosas institucións. Roberto Salgueiro e Fernando Dacosta, recollerán este recoñecemento en nome dunha gran familia de actores, actrices, directoras, dramaturgas e xestoras que vimos medrar alí o noso oficio, a nosa paixón e os nosos compromisos.

Tres propostas musicais: Maghúa, Ultreia e Tres Pesos

Repasamos hoxe as tres propostas musicais que participarán, esta semana, nun novo Serán en Compostela. Os protagonistas nesta ocasión serán: Maghúa, Ultreia e Tres Pesos.

Por último e como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo escoitamos a música de Caldo, que nos presentarán o seu primeiro traballo discográfico.

Viva Nikki Corvette!

Desta volta viaxamos a Detroit para coñecer a historia de Nikki Corvette e as súas bandas. Cancións directas coas que mover os pés.

As miñas músicas favoritas de aquí preto.

Aliaxe de diferentes correntes para falarvos de artistas que inflúen na miña vida: músicas de Mercedes Peón, Mounqup, RRUCCULLA, Le Parody, Adriana Proenza, Yahawt e Rocío Márquez.

A comunicación da ciencia nas redes sociais a análise en Barcelona.

A sección de cultura científica deste domingo está dedicada á comunicación da ciencia nas redes sociais. Desta volta temos a Manuel Vicente en Barcelona participando do encontro ‘Ciencia en redes’.

Ultimos días para presentar traballos aos premios de investigación María Luz Morales.

Remata esta fin de semana o prazo para enviar traballos e os premios para ensaio e videoensaio de temáticas galega e internacional da Academia Galega do Audiovisual fallaranse o 3 de abril.

Falamos dos libros ‘Non trabes na lingua’ e ‘Os rapaces non calcetan (en público)’

Hoxe Montse Pena Présas fálanos de dous libros moi diferentes, destinados tamén a públicos diversos.

O primeiro é Non trabes na lingua de Antón Cortizas, en Galaxia, un libro para xogar coas palabras, algo bastante habitual nos últimos textos do autor. O libro está dividido en catro partes, que amosan tamén que o autor desenvolveu un interesante traballo con el na escola , xa que é mestre. As ilustracións son de Pepa Prieto.

A obra Os rapaces non calcetan (en público) de T.S. Easton, traducida por Moisés Barcia para Sushi Books, unha novela xuvenil, irreverente e divertida, en que un protagonista se ve obrigado a escribir un diario por ter que cumprir servizos para a comunidade.

A alianza musical entre Karen O e Danger Mouse

Neste espazo cultural con Tito Lesende falamos dun lanzamento internacional: a alianza entre a cantante coreana Karen O (voz dos Yeah Yeah Yeahs) e o artista/produtor Danger Mouse, que publican disco conxunto este venres. Pero tamén está de estrea Ortiga, o proxecto da metade do dúo galego de electrocumbia Esteban & Manuel. Coincidirá no escenario do festival O Son do Camiño con Iván Ferreiro, que vén de facer un dúo co cantautor Marwan. E, finalmente, o grupo coruñés Tregua gravará este sábado, na súa cidade, un vídeo en directo no que contan con convidados ilustres.

20 anos de Danza Universitaria da USC

Rut Balbís achéganos ao espazo de danza da Universidade de Santiago de Compostela que cumple 20 anos de labor adicada a difusión da danza contemporánea servindo de berce de moitas formacións profesionais de danza galegas do panorma actual.

Pin It on Pinterest