Todas as colaboracións

As sonoridades de ‘MounQup’

Lembro moi ben a primeira vez que vin a MounQup, estaba na Sala Malatesta en Compostela e era un concurso de bandas. O certame da Deputación da Coruña no que levou o primeiro premio. Sentíame bastante allea a todo, pero entón chegou ela e nunca máis marchou.

De bólidos, meteoroides e meteoritos.

O 12 de febreiro ás 20:49 do serán observouse un obxecto luminoso desde distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria e León. Desde Compostela viuse en dirección nordeste e con clara traxectoria descendente. As veces caen pedras que veñen do espazo… falamos da diferencia entre meteoroides e meteoritos.

A película galega da semana: ‘Feedback’, de Vaca Films

A directora de Sala5, Begoña Vázquez, recoméndanos o filme Feedbak, do galego Pedro Corredoira Alonso e coproducida por Vaca Films.

A película está ambientada nunha emisora de radio de Londres. Durante a emisión dun exitoso programa chamado A crúa realidade, dous invididuos enmascarados entran no estudo e impoñen a súa lei. Queren que a emisión se manteña como se nada, pero van rememorar un feito pasado, desencadeante deste pesadelo.

Tamén falamos das películas: Catro Latas, de Gerardo Olivares; A capitá Marvel, coa actriz Brie Larson; Benvidos a Marwen, de Roberto Zemeckis; Van Gogh, ás portas da eternidade, protagonizada por Willian Dafoe; e Longa vida e prosperidade, coa actriz Dakota Fanning.

Estrea de ‘Carpe Diem’, no 15° aniversario de Producións Teatrais Excéntricas

Tras Vacas, Guerras, Porcos e Cregos de Quico Cadaval, estreado o 8 de xaneiro no Festival Poéticas Contemporáneas de Madrid e Tres Vellas (polo menos), con Celso Sanmartín, José Luis Gutierrez Guti e Cadaval, estreado o 16 de febreiro en Vimianzo, con CARPE DIEM chega a terceira das estreas do 15º Aniversario de Excéntricas. En abril chegará “Cartóons”, o primeiro espectáculo infantil na historia do grupo e que contará no elenco con Josito Porto e máis Víctor Mosqueira. Xa en outubro deste mesmo ano, Carballo acollerá a estrea de Medida por Medida de William Shakespeare, con Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, María Costas e Josito Porto.

Carpe diem, que se estrea hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela, é unha adaptación da novela do escritor brasileiro Rubem Fonseca. Unha comedia negra, unha historia de amantes que se deixan inspirar polo cinema dos anos 50, o ritmo e a festa de Río de Janeiro, a procura de desexos non explorados nas súas respectivas relacións de parella, as novas emocións e mesmo un toque de thriller cando planifican dar morte ás súas parellas. Unha peza que se contrúe por fragmentos das aventuras, cartas, cancións e música en directo, secuencias cinematográficas proxectadas e a voz dun narrador que intervén na fábula e vemos sentado a modelar a vida destes seres na mesa do seu escritorio.

‘Tres minutos no aire’, o libro que naceu na Radio Galega

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura dun título moi especial: Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado, un volume de breves ensaios literarios que naceron, precisamente, ao abeiro do Diario Cultural da Radio Galega.

Entre xaneiro do 2006 e xuño do 2009 o escritor e xornalista Miguel Anxo Murado colaborou semanalmente co Diario Cultural mantendo unha sección na que, en arredor de tres minutos, abordaba un tema literario ou artístico que integraba unha reflexión, moitas veces a partir dun tema de actualidade.

Este libro é unha escolma de preto dun centenar daquelas prosas radiadas, que tratan de temas moi variados, que van dende o cantar do cuco como inicio da Primavera ata os xuramentos en arameo, pasando pola relectura de Romeo e Xulieta, os famosos e insensatos namorados; a onomástica bovina; anovelesca morte de Pushkin; a celticidade galega ou as artes mareiras de Ulises e Simbad, entre moitos outros.

“Utopía ou Distopía” chega a Ourense

A nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, fálanos de “Utopía ou Distopía”, unha mostra da escultora Soledad Penalta. A exposición inclúese no proxecto Estado Crítico e está na sala Alterarte, en Ourense.

Escoitamos as Pandereteiras de Verducido e o trío Obal

Ofrecemos hoxe adiantos en primicia dos sons de dous grupos galegos, as Pandereteiras de Verducido e o trío Obal, e o dunha formación xurdida en Alemaña que tamén traballa coa música e a obra de grandes poetas do noso país: Sangre de Muérdago.

Ademais, adiantando os contidos do Lume na palleira do vindeiro domingo escoitamos o grupo Lirolai, que presentarán no programa o seu segundo disco De vila en vila.

Os topónimos nas cancións galegas

Un tema e un tema: os topónimos nas cancións galegas por Cibrán Tenreiro.

Pin It on Pinterest