Trinta nomes para a ciencia en Galicia
30 nomes para a ciencia en Galicia. O álbum da ciencia do Consello da Cultura, segundo Manuel Vicente.
30 nomes para a ciencia en Galicia. O álbum da ciencia do Consello da Cultura, segundo Manuel Vicente.
A Federación de Cineclubes de Galicia recibe o premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual na semana previa aos Mestre Mateo. Nesta colaboración podes coñecer como será a gala e máis cousas con Carlos Ares.
O punto de encontro do audiovisual galego está esta fin de semana en Sarria co comezo da cuarta edición da Escolma de Cinema Galego.
Entre as proxeccións temos a longametraxe documental Os fillos da vide, de Ana Domínguez. Os espectadores tamén poderán gozar de Das vendimas de Valdeorras, a primeira ficción da cineasta Anxos Fazáns.
Hoxe Montse Pena Présas fala de dúas obras que son novidades acabadas de saír do forno e que quizais amosan a evolución da LIX galega nos últimos tempos, aínda que tamén están cinguidas por un fío curioso pero moi importante: o amor e o respecto aos animais.
A casa do paralelo 54, de Iria Collazo, ilustrada por Luz Beloso, desborda fantasía. É un libro de aventuras apaixoantes e sorprendentes, en que a propia Gris, o seu amigo especial o señor Smith e o seu mapache Morde, emprenden unha viaxe marítima nunha cama barco.
A furgoneta branca, de Fina Casalderrey e Lucía Cobo, é un álbum ilustrado para primeiros lectores. O texto narra, fundamentalmente, o amor dun neno por un cabalo que pode ver dende a súa ventá todas as mañás.
Tito Lesende traenos os mellores plans musicais para a fin de semana e novidades iscográficas para todos os gustos.
Begoña Vázquez recoméndanos esta semana dúas películas protagonizadas por mulleres, a historia de dúas mulleres reais.
En Poderás perdoarme algún día preséntansenos unha escritora de éxito, Lee Israel, que acabou falsificando cartas de famosos.
Felicity Jones dá vida en Unha cuestión de xénero á xuíza do Tribunal Supremo dos Estados Unidos Ruth Bader Ginsburg, que ten na actualidade 85 anos.
Carlos Portela introdúcenos no mundo da banda deseñada, desta vez co ilustrador inglés Nick Drnaso.
A Asociación de Directores de Escena de España abre nova colección coa reedición de Ei, Feldmüle! de Xesús Pisón, primeiro premio Rafael Dieste, do ano 1991. Grazas ao apoio da entidade organizadora, a Deputación da Coruña, unha das administracións públicas que máis constante e cualitativamente apoiou e continúa a estimular a creación dramática galega, a ADE presenta unha edición crítico do texto traducida tamén ao castelán e que, polo tanto, favorece a difusión exterior do noso patrimonio teatral e da creación escénica galega.
A peza é unha alegoría ecoloxista, con notas vampíricas, simbólicas, cómicas, escatolóxicas e absurdas, que nos traen o eco dun teatro que transita do expresionismo e do enxebrismo documental en clave de farsa da xeración Abrente á nova Dramaturxia galega dos 90, na procura de novas formas e referentes artísticos. Un texto que, coma todo o corpus e o capital histórico da cultura teatral convén revisitar, para aprezar, valorizar e recoñecer camiños e aperturas que xa se levaron a cabo hai tempo, mais que continúan a iluminar moitas posibles escenas do presente. Para non querermos, tampouco, inventalo todo de novo.
Como cada martes toca mergullarse nos mares da poesía da man da nosa colaboradora Alba Cid. Hoxe vainos levar de viaxe pola traxectoria de Yolanda Castaño a través do libro “O puño e a letra” no que se fusionan poesía e cómic.
Algúns dos maiores representantes da banda deseñada galega encárganse de interpretar con total liberdade 40 poemas de Yolanda Castaño coa única limitación do espazo: unha páxina.
Esta semana Armando Requeixo achéganos dúas propostas narrativas fóra do convencional: as prosas breves de Ana Fontenla en Números vermellos e a escrita filosófica de Rebeca Baceiredo en Animais de estimação e bestas de companhia.
Números vermellos (Galaxia) é o debut literario de Ana Fontenla, un feixe de textos nos que hai lugar para os mini e microrrelatos, os monólogos, os poemas en prosa, a aforística e a diarística. Unha escrita que interroga e se interroga sobre a precariedade da vida, que critica acidamente o capitalismo feroz e apenas se respira polo amor e o humor, a paixón polo teatro e seu feminismo esencial. Logo están as músicas da adolescencia, os adoradores da nutella con chourizo, a devoción polo Aliexpress, a inalcanzable honestidade de Ofelia, as estadías lisboetas, a morriña e os seus antídotos…
Animais de estimação e bestas de companhia (Através) é a nova proposta da poeta e filósofa Rebeca Baceiredo, unha escrita a medio camiño entre o ensaístico e o narrativo onde a autora ourensá convida e repensar a nosa relación cos animais (en xeral) e as mascotas (en particular), tentando definir a alteridade que nos vincula a eles como suxeitos outros, mais afirmando a súa vontade, a súa capacidade de poder ser, a súa radical liberdade que os institúe, ontoloxicamente, como rizomas da nosa mesma familia.