Todas as colaboracións

100 anos do nacemento de Leopoldo Nóvoa

Coma todos os luns toca comezar semana falando de arte coa nosa colaboradora Rosario Sarmiento que hoxe nos trae temas arredores do aniversario dun pintor referente na arte galega contemporanea. Trátase de Leopoldo Nóvoa tras 7 anos do seu falecemento neste mes de febreiro de 2019, ano no que precisamente se conmemora o 100 aniversario do seu nacemento.

Os vinte anos na música de Susana Seivane

Adiantando os contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, escoitamos ao grupo Pesdelán, que falarán no programa sobre o seu DVD “Entroidanzas”.

Tamén a gaiteira Susana Seivane é protagonista da colaboración de hoxe, xa que esta semana festexará o vinte aniversario da publicación do seu primeiro traballo discográfico cunha festa-concerto moi especial.

Volven os cines Alfonsetti de Betanzos

Beli Martínez falanos dos cinemas que resurxen lonxe das grandes cidades e tamén dun proxecto que achega aos máis maiores o proceso de crear e realizar unha película

Novos discos de Novidades Carmiña e Baiuca

Tito Lesende achéganos todas as novidades dos novos proxectos discográficos de Novidades Carmiña e de Baiuca, dous grupos galegos de referencia.

A importancia do productor nas compañías de danza

Ruth Balbís mergúllase na figura do productor e distibuidor dentro das artes do movememento a través de Manuel Lago.

A actuación da compañía italiana Motus no festival Escenas do Cambio

Son escasas as oportunidades de acceder, nos escenarios galegos, aos espectáculos escénicos internacionais ou a aqueles, cando menos, que máis repercusión teñen en circuítos internacionais. A Santiago de Compostela chegou MDLSX, da compañía italiana Motus, un dos grupos máis premiados, innovadores e recoñecidos pola cualidade das súas investigacións e creacións en todo o mundo.

O espectáculo que presentaron no marco do festival Escenas do Cambio é unha mestura de himno lisérxico e documentos autobiográficos poetizados pola selección musical, a suma dramática do movemento e da luz manipulada en escena pola propia actriz. Unha reflexión sobre a identidade sexual e a construción heteronormativa do concepto de xénero. Unha lembranza dura de momentos dolorosos no social, no familiar, no sanitario e un alegato á liberdade, á capacidade de actuar por un mesmo nos momentos máis complicados da vida. Unha exposición lúdica e potente do significado do terceiro xénero ou do xénero neutro dende o propio corpo e a memoria da actriz que colide coa fabulación.

Un manifesto escénico, activismo teatral, un terreo magmático que converte o teatro en alegato movilizador a favor do respecto e da tolerancia pola diversidade. Espectáculo que activa e nos constrúe, onde a anécdota persoal se converte en relato artístico e social.

A intelixencia artificial e Schubert

Falamos de música clásica con Miguel Crespo e de como Huawei completou cun teléfono móbil a Sinfonía nº8 de Schubert.

Isaac Xubín e Xesús Constela publican novas novelas

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas acabadas de chegar ás librerías: Os largos e longos campos de liño azul, de Isaac Xubín, e mais Lisa deitada, de Xesús Constela.

Os largos e longos campos de liño azul (Galaxia) é un thriller psicolóxico que ten tamén tinturas de relato de investigación e de narración sobre as componendas dos poderes políticos e relixiosos. O paciente 500-B pasa os seus días recluído nun sanatorio mental onde loita contra a amnesia que apenas se lle deixa lembrar vagos episodios da súa nenez e mocidade. Pola súa parte, o Dr. Myà, o novo director do sanatorio, está empeñado en descubrir como e por que chegou alí o enigmático paciente. Polo medio, unha inquietante Organización de iniciados relixiosos, que anda á procura dun exmembro do grupo que cómpre liquidar, pois sabe demasiado e pode complicarlle á Organización o seu ascenso nas inminentes eleccións.

Lisa deitada (Embora) propón un achegamento reflexivo á (auto)marxinación social na que viven certos individuos illados do resto da comunidade. Lisa, unha obesa mórbida, pasa os seus días deitada no sofá, vendo culebróns televisivos namentres critica acidamente a veciñanza e nonsó, nunha deriva misántropa da que apenas se salvan un par de parellas do seu mesmo bloque, que lle axudan coa comida e outras cuestións básicas que non é quen de resolver no seu estado de prostración. Paralelamente, imos sabendo da memoria de seus pais e da súa formación sentimental, mais tamén da vida dos chineses do restaurante Gran Muralla, situado fronte ao seu edificio. Todo ao tempo que os axentes Combarro e Souto desenvolven unha investigación para coñecer a causa que provocou o incendio do piso de Lisa.

“Cuba desde 1957” no Kiosco Alfonso da Coruña

A nosa colaboradora de arte Rosario Sarmiento achéganos aá histoia de Cuba antes e despois da Revolución grazas á obra do fotoxornalista Ernesto Fernández, exposta no Kiosco Alfonso ata o 24 de marzo.

O grupo Tundra ofrece dous concertos en Ourense

Escoitamos hoxe a proposta musical do grupo Tundra que, desde Logroño, visitará Galicia esta semana para ofrecer dous concertos na provincia de Ourense.

Adiantamos tamén os contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, no que nos visitará o grupo Arume para presentar o seu primeiro traballo discográfico.

Por último estreamos un dos novos proxectos musicais de Ialma. Este grupo de cantareiras galegas (residentes en Bélxica) une o seu talento creativo ao doutros músicos europeos, entre os que destaca a fermosa voz da italiana Lucilla Galeazzi, nun disco titulado “Alegría E Libertá”.

Pin It on Pinterest