Todas as colaboracións

‘Cancións que non entendo’. Nova entrega de Un tema e un tema con Cibrán Tenreiro.

‘Cancións que non entendo’. Nova entrega de Un tema e un tema con Cibrán Tenreiro.

Mestre Mateo, Charles Chaplin e John Ford

Os finalistas dos Mestre Mateo e as figuras de Charles Chaplin e John Ford na colaboración de Carlos Ares.

Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre publican ‘Imaxina animais’

Hoxe falamos de animais singulares, da man de Imaxina animais de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre na editorial Kalandraka (3º reedición), unha sorte de bestiario de animais misterioros de diferentes puntos do planeta.

As características destes singulares animais apostan por mesturar partes de animais ben coñecidos e convencionais con obxectos que podemos atopar nunha casa: uns zapatos, un tirarrollas, un interruptor, etc… que dan como resultado o abrenoites, o bicopato ou o pingüitor, toda unha nova fauna que sorprende por inesperada e cuxa funcionalidade se describe nun texto irónico ás veces, doce e sempre moi literariamente conseguido.

Un elemento especialmente especial do álbum son as fotografías, que ocupan a parte das imaxes. Primeiro porque non son tan habituais no álbum infantil e segundo porque resulta sorprendente, tamén algo inquietante, a facilidade coa que nos fan ver os novos animais, a partir de ideas que logo seremos nós os encargados de desenvolver.

A obra é fundamental non só para desenvolver o maxín de quen le, senón tamén para as que queiran aceptar o reto de enfrontarse a un libro que require dun reto interpretativo grande, entre o binomio fantástico de Rodari e un poema que estraña, pero que provoca diferentes emocións.

Falamos do filme ‘Trinta Lumes’, de Diana Toucedo

Neste espazo de cine con Begoña Vázquez, directora de Sala 5, falamos da proxección de Trinta Lumes e dos candidatos aos premios Mestre Mateo, a gran gala do audiovisual galego.

Esta fin de semana chega aos cines galegos Trinta Lumes, de Diana Toucedo. Haberá pases especiais nos cines Codex de Lugo, no Numax de Santiago, nos Cantóns da Coruña e nos Multicine Norte de Vigo.

A peza comeza coa desaparición dunha rapaza e afonda no misterio da vida e a morte. Diana Toucedo quixo mesturar o visible e o invisible nunha historia brumosa sobre a montaña de Lugo.

Tamén falamos dos Mestre Mateo. A partir das máis de 400 candidaturas presentadas ao longo das últimas semanas, a Academia Galega do Audiovisual seleccionou a catro finalistas por cada unha das 25 categorías.

Coñecemos un dos festivais máis importantes de banda deseñada do mundo

Un mércores máis, o noso colaborador Carlos Portela fálanos sobre as novidades da banda deseñada.

A compañía ‘Voadora’ presenta un novo espectáculo

Unha nave espacial? Un espazo galáctico? Unha zona de baile? Un lugar mental? Un terreo metafórico? Polo novo espectáculo da compañía Voadora desfilan Elvis, a razón e a fe que van de paseo, un meteorito, a sonda Voyager, debuxos en movemento coas gamas cromáticas rgb, relatos de acontecementos dos anos 90 entre Compostela e a NASA, debuxos de seres humanos en movemento e sobre todo música, moita música.

Voadora volve ampliar o terreo, a mirada e o concepto do teatro cunha peza que nos convida a bailar, a sorprendernos coa aparición dunha astronauta que aprende a coller unha lata nun expendedor de bebidas e a rir da imperiosa necesidade humana de querer entendelo todo.

Hemos venido a darlo todo é a paisaxe dunha galaxia incerta pero potente, onde a humanidade cae en extinción e aparece a poesía. Un cúmulo de referencias, conceptos e datos nunha viaxe sideral dun teatro que sente, latexa e nos levanta con entusiasmo da butaca.

O regreso á poesía de Xabier Cordal con “Resistencia da auga”

A nosa colaboradora experta en poesía, Alba Cid, fálanos hoxe do oitavo título da colección principal de poesía de Chan de Pólvora.

Suso de Toro publica o ensaio ‘Dentro da literatura’

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura do último ensaio de Suso de Toro, Dentro da literatura, un moi interesante volume que publica Edicións Xerais de Galicia.

O compromiso do escritor, a conformación do canon literario, o oficio da escrita, os hábitos á hora da creación, a importancia da tradución, o papel dos mediadores, as lecturas preferidas ou o concepto de escritor nacional son outros tantos temas tratados neste libro.

Suso de Toro, coa lucidez e saber facer que o caracterizan, propón en Dentro da literatura unha revisión autocrítica do seu papel de escritor, ao tempo que invita á reflexión das lectoras e lectores sobre o fenómeno literario e as súas implicacións sociais e culturais.

A mostra “Laxeiro-Seoane. Cruce de camiños” chega á Coruña

A nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, cóntanos cales son as novas mostras en Galicia. Entre elas atópase “Laxeiro-Seoane. Cruce de camiños”, que está na Fundación Luis Seoane da Coruña.

As últimas novidades sobre o Festival de Ortigueira

Ofrecemos hoxe con Emilio Españadero unha mostra das formacións de fóra de Galicia que xa teñen confirmada a súa participación na edición deste ano do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira: Gwendal, Moving Hearts, Project Smok, Shooglenifty, Flook e Beltaine.

Pin It on Pinterest