O audiovisual galego chega aos Premios Goya
A nosa colaboradora experta en audiovisual galego, Beli Martínez, infórmanos sobre as nominacións máis destacadas nos Premios Goya, que serán esta fin de semana.
A nosa colaboradora experta en audiovisual galego, Beli Martínez, infórmanos sobre as nominacións máis destacadas nos Premios Goya, que serán esta fin de semana.
Na súa colaboración sobre literatura infantil e xuvenil, Montse Pena Présas fala hoxe da capacidade para gozar da natureza. Faino a través dun ensaio moi singular, O sentido do abraio, de Rachel Carson, en Catroventos editora, traducido por Patricia Buxán.
Unha obra que nos fai reflexionar sobre o escaso contacto que habitualmente temos coa natureza e que suliña a importancia de deixar as nenas e nenos gozar da natureza a partir da observación, permitindo que empreguen os sentidos para achegarse aos diferentes fenómenos e elementos naturais.
O noso colaborador Tito Lesende tráenos unha semana máis a axenda musical.
Faltan dous días para a entrega dos Premios Goya en Sevilla. Nesta sección de cine con Begoña Vázquez falamos da participación galega nestes galardóns.
A película con máis nominacións é ‘A sombra da lei’, de Dani de la Torre, protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner. Aspira a seis estatuíñas e a maioría delas son técnicas como efectos especiais, dirección artística, fotografía ou música orixinal.
Outra longametraxe con selo galego é a animación ‘Memorias dun home en pixama’, do director galego Carlos Fernández de Vigo.
Tamén temos a curta de animación ‘Soy una tumba’, do debuxante de Cangas Khris Cembe. Está ambientada nun pobo costeiro galego na época do contrabando.
Na sección de documentais está o director vigués Guillermo de Olivero con ‘Desenterrando Sad Hill’.
Na categoría de curtametraxes de ficción está a xoia de ‘Matria’, de Álvaro Gago. Unha peza de vinte minutos nunha conserveira de Arousa na que cobra moita importancia a relación da protagonista coa súa familia.
Logo temos a Luíz Zahera, candidato como actor secundario por ‘El Reino’. Na categoría de protagonistas está o ferrolán Javier Gutiérrez que aspira ao Goya por ‘Campeones’.
A nosa colaboradora experta en artes do movemento, Rut Balbís, fálanos dun festival que virá á capital galega.
O feminismo chega aos escenarios coa estrea de O empapelado amarelo.
A pasada fin de semana tivo lugar en Ourense a estrea do espectáculo O empapelado amarelo, do novo colectivo A quinta do cuadrante. Con interpretación de Melania Cruz, dirección escénica de Tito Asorey, deseño de espazo escénico de Laura Iturralde, indumnetaria de Renata Uzal e espazo sonoro e grafismo de Lucía Estévez, esta peza é unha escenificación de aspectos autobiográficos de Charlotte Perkins, unha intelectual americana multidisplinar de finais do S.XIX, con partes metateatrais que nos permiten reflexionar sobre a esencia da creatividade, o nacemento do feminismo, o papel das mulleres na sociedade, os roles e o respecto nas relacións interpersoais ou a defensa da liberdade individual.
O deseño do espazo escénico e a disposición do público a tres bandas permite que, dende a proximidade, poidamos viaxar por todo o imaxinario e o conflito dunha muller que loitou contra moitos elementos opresores dentro e fóra do seu fogar. A peza fala do episodio biográfico da autora, unha depresión posparto e unha diagnose castrante por parte do seu marido médico para protexela inicialmente de toda fantasía, delirio ou presunta irracionalidade. Pero o espectáculo tamén nos leva a sentir esa claustrofobia, ese paternalismo e esa opresión social contra a que loitou esta precursora e contra a que loita aínda hoxe a muller emancipada e empoderada en moitos ámbitos sociais.
Dende outubro desenvólvese na cidade das burgas un ciclo que trae ás figuras máis destacadas dentro do mundo da música clásica. Xa vai na súa quinta edición e é un referente no que á música de cámara se refire. Coñecemos mellor este mundo co noso colaborador de música clásica Luis Miguel Crespo.
Esta semana Armando Requeixo recoméndanos a lectura de dous libros de narracións curtas: ‘Relatos para televisión’ de Xabier Cordal e ‘Adeus, capitán Walton’ de Miguel Mato Fondo.
‘Relatos para televisión’ (Xerais) é un conxunto de doce historias que espellan a vertixe un moito delirante na que vivimos instalados: vampiros existencialistas, invasións alieníxenas, devotos do advento do Anticristo e revoltas de organismos biocibernéticos subterráneos conviven nestas prosas de marcada intención social coas que Cordal nos convida a ollar con distancia crítica o kafkiano da nosa conduta e o neoesperpento que nos asolaga.
‘Adeus, capitán Walton’ (Embora) reúne cinco relatos longos nos que o papel da memoria, das memorias, e a presenza de múltiples intertextualidades e xogos metaliterarios caracterizan unha prosa de fino labrado poético, evocadora coma poucas e chea de resonancias musicais, pictóricas e artísticas en xeral, que fan destas páxinas unha sinfonía íntima e vibrante onde as emocións e as lembranzas tradean o alento do corazón maduro.
A nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, fálanos sobre unha exposición que expón un percorrido por obras pertencentes a coleccións particulares da cidade do século XVI ao XX.
Nesta sección cultural con Emilio Españadero falamos das formacións galegas que xa teñen confirmada a súa participación na edición deste ano do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Nesta edición contaremos coa Escola de Gaitas de Ortigueira, Anxo Lorenzo Band, A.C. O Fiadeiro, Tanxugueiras e Leilía.