Todas as colaboracións

Escoitamos novas composicións de Lirolai e Arume

Escoitamos hoxe unha mostra dos respectivos traballos que acaban de publicar os grupos Lirolai e Arume.

Ofrecemos ademais o segundo adianto de Fulgor, o que vai ser o novo disco de Xosé Manuel Budiño, que sairá á venda o venres 25 e que presentará en Lume Na Palleira o vindeiro domingo.

Do que revolveu en min Mercedes Peón con ‘Déixaas’

O último traballo de Mercedes Peón no centro do comentario musical de Paula Doors.

Un tema e un tema: o diñeiro.

A gran pregunta é, para min, que relación ten o que somos cos cartos. Os cartos son como un espello deformante: distorsionan a nosa imaxe e as relacións que temos coa xente e coas cousas que facemos. Unha reflexión ilustrada por cancións que van de Aerolineas Federales a Rihana. De Pony Bravo a Oh! Ayatollah. De Abba a Lamprea Explosiva.

Adeus ao quilogramo de platino e iridio

Este será o ano en que despidamos ao patrón de quilogramo feito de platino e iridio que se garda nunha caixa forte en París. Descobre os motivos nesta colaboración de Manuel Vicente sobre pesos e medidas.

Os Premios Mestre Mateo celebraranse o 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña

O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, fala hoxe na Radio Galega da apertura do periodo de votacións para os Mestre Mateo e do Decálogo de Igualdade da Academia. Tamén lembra á pioneira do cine Alice Guy, directora duns 600 filmes e produtora de arredor de 1000.

Javier Rey, Javier Gutiérrez e Morris destacan entre as nominacións aos premios Feroz

Beli Martínez, a nosa colaboradora experta en audiovisual galego, fálanos hoxe dos premios Feroz, onde destaca unha presenza galega importante.

O libro ‘Pedagoxía do oprimido’ educa para ser libres

Hoxe falamos de “educar para ser libres” a través da ‘Pedagoxía do oprimido’ de Paulo Freire, con tradución de Ramón Nicolás e publicado en Kalandraka.

Unha obra que pode interesarlle  ao profesorado con ganas de repensar a práctica educativa, ás filósofas con intereses no mundo da educación e, en xeral, a calquera persoa que se interese pola educación como xeito para transformar as sociedades.

A banda viguesa Maryland presenta o seu derradeiro disco

O noso colaborador experto en música, Tito Lesende, infórmanos sobre as propostas musicais desta semana, entre as que se atopa a actuación do grupo Love of Lesbian este sábado na cidade viguesa.

Chega aos cines a película grega ‘La Favorita’

Begoña Vázquez, directora do programa de cine sala5, recomendános hoxe unha das películas favoritas para os Oscar: ‘La Favorita’, do grego Yorgos Lanthimos.

‘La Favorita’ é unha película de mulleres, ó igual ca española “Gente que viene y bah”, protagonizada por Clara Lago e Carmen Maura, que tamén chega ós cines este venres.

“O Inevitable”, do Colectivo Marciano Balboa, preséntase en Vigo o 18 de xaneiro

A nosa colaboradora experta en artes do movemento, Rut Balbís, fálanos sobre as novidades máis próximas no mundo da danza contemporánea.

Pin It on Pinterest