Todas as colaboracións

Falamos con Tomás González, editor de “Contos dos Sacaúntos. Romasanta e as mulleres”

“Contos dos Sacaúntos. Romasanta e as mulleres” é un libro editado por Dr. Alveiros, un selo editorial da Fundación Vicente Risco. Contén textos de Antonio Manuel Fraga, Carlos Carvalheira, Carlos Silva, Fausat Cardoso Pereira, José Rosillo, Mariña Pérez Rei e Xesús Constela.

O novo circo galego

Durante os últimos anos o circo contemporáneo galego viviu un proceso de innovación, formación e difusión que o foi situando nun lugar destacado e con importantes producións que se poden comparar coas de contextos onde o apoio ás artes circenses está máis consolidado, coma Cataluña, Portugal ou Francia, por poñer exemplos cercanos.

As recentes estreas de Arnoia, Arnoia de Pistacatro, Involución de N+1 ou 4’’ da compañía IO Circo, fálannos da forza e do impulso desta arte escénica no país.

A historia recente e as liñas de apoio á formación (aglutinadas en Pistacatro basicamente ao longo dos seus 10 anos de existencia), o programa de circo no CDG da etapa dirixida por Cristina Domínguez ou as dez edicións da Festa do Circo ou o Circo á Feira na Sala Nasa durante a primeira década deste século, foron o xermolo dos colectivos que hoxe nos presentan estas pezas caracterizadas pola poesía visual, a unidade conceptual ou a combinación de varias artes escénicas con números de circo, na liña do circo posmoderno ou do fenómeno do novo circo internacional. Aquí xa non hai exhibición de feras nin números fragmentados do tradicional circo de carpa, ou non só. Estes espectáculos son o reflexo da capacidade renovadora, absorbente e transformadora dunha arte escénica (ao mellor a que máis) permeable á evolución e a sorpresa.

Andrés Gaos, unha das figuras máis importantes da música galega no 2019

A USC vai conmemorar neste 2019 o Ano Gaos, no que haberá importantes celebracións en diversas cidades galegas.

Andrés Gaos foi un violinista, compositor, director e docente galego que naceu na rúa do Orzán, na Coruña, un 21 de marzo de 1874 nunha familia con moita tradición musical. A súa obra compositiva conta con máis de 70 títulos, incluíndo repertorio escénico, orquestral, pianístico, para violín, para violoncello, e para voz e piano.

Tempo de ler as novelas curtas ‘Tres pintores’ e ‘Alana’

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas curtas: ‘Tres pintores’, de Cid Cabido, e mais ‘Alana’, de Fran Fernández Davila.

‘Tres pintores’ (Xerais) obtivo o Premio Ánxel Fole de Narración Curta que convoca o Concello de Lugo. Esta historia, protagonizada por dous mozos vigueses dos anos oitenta, é o relato da vida pseudo-caralla-intelecto-bohemio-contrariosa ?segundo a súa propia definición? na que viven instalados estes dous mozos, desexosos de viaxar ata o París máis cosmopolita que os afaste do mundo pechado e de futuro avolto no que habitan. Narrada cunha prosa líquida e grandes doses do humor e ironía, esta novela devólvenos o mellor Cid Cabido logo de case unha década de silencio narrativo.

‘Alana’ (Toxosoutos) foi distinguida no Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos que convoca o Concello de Noia e organiza a revista Casa da Gramática. A historia de Alana, unha moza castrexa de dezasete anos que vive en Trega, centra a peripecia deste relato ambientado nos tempos da Celtia galega, un mundo virado cara ao mar no que ten tamén un papel principal Glenda, a antiga xefa dos brigantes que mora en Irlanda, a nosa irmá da verde illa. Ao fondo, a ameaza da República de Roma e, polo camiño, unha trepidante aventura nos cumes do Pindo, na Bretaña e na costa sur do país dos kallaikoi.

Menchu Lamas entra na Academia Galega de Belas Artes

A nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, fálanos sobre unha fin de semana chea de actividade cultural. Ademais, a entrada de Menchu Lamas na Academia Galiga de Belas Artes déixanos “Cando a cor respira”, o discurso de ingreso da pintora, onde fai unha reflexión sobre a súa traxectoria no oficio.

Escoitamos pezas de Muxicas e Anxo Lorenzo

No adianto de contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo escoitamos pezas dos históricos Muxicas e de Anxo Lorenzo.

Falamos ademais con Xosé Lois Romero sobre o novo proxecto musical do que forma parte, AccordTrio. O grupo ofrecerá esta semana en Asturias e Galicia unha serie de concertos de presentación do seu primeiro disco.

O premio nobel de química Jean Pierre Sauvage visita Compostela

O premio nobel de química Jean Pierre Sauvage visita Compostela e cóntanolo o noso divulgador científico, Manuel Vicente.

Comedia e televisión no centro do comentario semanal de Carlos Ares

Comedia e televisión no centro do comentario semanal do presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, que repasa a historia do xénero no 23 aniversario da estrea de ‘Pratos Combinados’.

PortoPostDoc, un festival que aposta pola conexión luso-galaica audiovisual

PortoPostDoc é un dos festivais que máis aposta por establecer e fortalecer a conexión luso-galaica. Xunto á nosa colaboradora experta no mundo audiovisual, Beli Martínez, coñecemos un pouco mellor este encontro e a cinematografía galega que alí estará.

Publícase a segunda parte da aventura en galego de Pippi Mediaslongas

Hoxe o espazo de LIX estará dedicado a Pippi Mediaslongas e a esa segunda parte das súas aventuras que acaba de tirar Kalandraka, traducidas por David Álvarez Martínez. Unha nena rompedora, impaxinativa e crebarregras, que revolucionou a literatura infantil dos mediados do S.XX.

Pin It on Pinterest