Todas as colaboracións

A fotógrafa mexicana, Graciela Iturbide, expón na Coruña

A fotógrafa mexicana, Graciela Iturbide, expón na Fundación Barrié da Coruña.

Unha mostra producida pola Fundación Mapfre en colaboración coa Fundación Barrié, a partir dos fondos que da fotógrafa mexicana posúe a Colección Mapfre.

A exposición propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela desde as súas imaxes máis antigas ata os seus traballos recentes.

Escoitamos o novo disco do dúo portugués Alma Menor

Ofrecemos hoxe un adianto dos dous discos chegados de fóra de Galicia que serán presentados, polos seus respectivos responsables, no Lume Na Palleira do vindeiro domingo.

En primeiro lugar o disco “Em Tons De Aguarela” gravado polo dúo portugués Alma Menor. E, a continuación, o novo traballo discográfico do grupo catalán Riu ao que titularon “Delta”.

Premios de Investigación María Luz Morales e homenaxe a a William Goldman

Na colaboración da Academia Galega do Audiovisual o seu presidente Carlos Ares centra hoxe a atención nunha pioneira, María Luz Morales, e nos premios de investigación aos que dá nome. Amais, lembranza ao guionista William Goldman que faleceu aos 87 anos.

O festival Cinema Crianza celébrase esta fin de semana en Ames

Falamos con Lara Bacelo, unha das voces máis singulares do panorama galego. Nestes momentos, atópase inmersa na segunda fas rodaxes do documental Aquel sol do verán.

Ademais, esta fin de semana celébrase en Ames o festival Cinema Crianza. O evento está dirixido aos máis cativos e trata de promover certa sensibilidade artística así como un espíritu crítico ante as diferentes prácticas audiovisuais.

Poesía para os máis pequenos

Este venres Montse Pena Presas trae unha proposta para achegarlle a poesía á rapazada: o libro ‘Paseniño, paseniño’, de Antonio García Teijeiro. Unha homenaxe a Rosalía de Castro con ilustracións de Marcos Viso que reedita Edicións Xerais e inclúe un CD con poemas recitados polo autor.

Novo disco de Baiuca e adianto de Zahara

Na axenda musical destacada desta fin de semana falamos do adianto do novo disco de Baiuca que contén cancións de Aliboria.

Escoitamos tamén un tema de SFDK, que estarán en concerto o bado, o día 17 en Santiago de Compostela. Hoxe mesmo na Coruña estarán María Arnal & Marcel Bagés.

E escoitamos tamén o tema ‘Multiverso’ como adianto do novo diso de Zahara.

Unha proposta de cine arxentino con ‘Mi obra maestra’

No repaso ás estreas da semana Begoña Vázquez recomendounos a película arxentina ‘Mi obra maestra’. Pura comedia, é unha fita áceda e divertida sobre o mundo da arte moderna, con Guillermo Francella, Luis Brandoni e Raúl Arévalo no elenco. Falaunos tamén doutras dúas películas novas: Animales fantásticos: los crímenes de Grindelwald e Colette.

Ourense acolle o Festival e Certamen Sódolos en Danza

A nosa colaboradora Rut Balbís fálanos sobre o Festival e Certamen “Sólodos en Danza”, que se celebrará en Ourense a vindeira semana.

Falamos de Vanesa Sotelo, autora de ‘Nome: bonita’

Vanesa Sotelo (Cangas, 1981) é dramaturga, directora e actriz. Tamén xornalista e directora da Erregueté-Revista Galega de Teatro, profesora de varios grupos de teatro e, desde  hai uns días, autora dunha peza que foi recoñecida como a mellor obra teatral da última década polo Concello de Mondoñedo.

Falamos dunha obra que foi escrita ao abeiro do Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales do INAEM e que se pode descargar da web muestrateatro.com

Nome: bonita, que así se titula, é unha peza inspirada en mulleres guerrilleiras e que nos fala de violencia, da memoria con forte carga poética e cun gran traballo de documentación para a elaboración dunha serie de voces escénicas na multiespacialidade. Unha obra que, dende o presente, nos leva a varios contextos de barbarie.

A autora, que xa conta con máis dunha ducia de títulos, afirma que escribe como un xeito de reconciliación, como unha forma de canalizar a violencia, unha forma de somerxerse no silencio e escoitar o seu berro. Escribir como unha forma de coñecemento onde poida estourar a poesía porque, como di, tal vez non se poida explicar ao ser humano pola ciencia pero pode entenderse pola poesía.

Pin It on Pinterest