Todas as colaboracións

‘As neuronas irmáns’, de Estíbaliz Espinosa

A nosa colaboradora Alba Cid acompáñamos para falar sobre o poemario “As neuronas irmás”, de Estíbaliz Espinosa. A obra foi gañadora do XV Premio de Poesía Afundación.

O libro xorde dun feito biográfico, a perda do irmán da autora. A partir de ese suceso ábrese un fío que muda e pasa por distintas temáticas.

Os libros ‘1968’, de Vaqueiro e ‘Tu contas e eu conto’, de Sanches Arins.

Esta semana Armando Requeixo tráenos o comentario de dúas propostas narrativo-líricas: ‘1968’, de Vítor Vaqueiro, e mais ‘Tu contas e eu conto’, de Susana Sanches Arins.

‘1968’ é a crónica vivenciada do que foi o 1968 estudiantil nas avoltas augas da universidade compostelá naquel curso no que todo se desatou co maio francés. Os acontecementos políticos, mais tamén a experiencia formativa de raíz cultural e ideolóxica espellan neste libro en máis de medio cento de entradas diarísticas que se acompañan doutros tantos poemas. Nunhas e noutros ofrécese un retrato da Compostela e a Galicia da época, co gris abafo da represión franquista e, no extremo oposto, a rebeldía xuvenil duns universitarios que nunca apearon da bandeira do “venceremos nós”.

‘Tu contas e eu conto’ é un conxunto de dezasete relatos e outros tantos poemas. Ancorados nos espazos do íntimo, estes textos convídannos a reflexionar sobre cuestións palpitantes do noso ser social e individual, como a violencia de xénero, a vivencia do medo, o illamento, o noxo e a dor, mais tamén a ledicia de vivir, o gozo do erótico e o humor como poderosa arma coa que vencer todas as batallas.

O ourensán Xesús Vázquez expón Hinterland na súa cidade natal

Rosario Sarmiento, a nosa colaboradora experta en arte, fálanos sobre Hinterland. A exposición do pintor ourensán Xesús Vázquez chega á súa cidade natal reunindo 8 obras realizadas entre o ano 2013 e 2018. Todas elas son paisaxes de gran formato pintado sobre papel kraft. A exposición estará no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 9 de decembro.

Última oportunidade para gozar de ‘ConSentimento’, de Leilía

Conversa con Montse Rivera sobre a última oportunidade de gozar en directo do espectáculo “ConSentimento” das Leilía
Tamén ofrecemos unha das pezas incluídas no primeiro disco editado polo grupo Zoelas. Un traballo que nos presentarán o vindeiro domingo en Lume Na Palleira.

Manuel Vicente fía unha colaboración sobre o Frankestein de Mary Shelley

O noso divulgador científico Manuel Vicente fía unha colaboración sobre o Frankestein de Mary Wollstonecraft Shelley no 200 aniversario da súa publicación. Unha conversa na que procura algunhas conexións entre Shelley e a ciencia, algunhas máis obvias ou coñecidas outras non tanto. Todo comezou dous anos antes en 1816 cando Shelley e o seu marido visitan a Lord Byron e o seu asistente Jonh Polidor en Vila Diodati en Suíza.

Alí é onde Byron lles propón aos 4 construír unha historia de terror. O especial dese verán foi que non houbo verán.

Revisión das traxectorias de Chichi Campos e Antonio Blanco

Revisión das traxectorias de Chichi Campos e Antonio Blanco no centro do comentario semanal de Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual. Tamén nos fala do Gitafon que se celebrará na Coruña onde o audiovisual galego se converterá en creacións en formato .gif

Beli Martínez fálanos de “Intersección”, primeiro encontro internacional de arte audiovisual

Falamos coa nosa colaboradora de “Intersección”, o primeiro encontro internacional de arte audiovisual. Celebrarase na Fundación Luís Seoane do 9 ao 11 de novembro e contará coa presenza de artistas de traxectoria internacional.

Intersección propón unha programación de absoluta vangarda formada por obras invisibles que nunca chegan a canles de exhibición populares, senón que tan só se amosan en encontros internacionais específicos.

Premios Merlín e Jules Verne

Hoxe Montse Pena Présas, a nosa colaboradora de literatura infantil e xuvenil, fala de libros premiados: en concreto do Premio Merlín e do Premio Jules Verne: Kusuma de Héctor Cajaraville e Aplicación Instantánea de Carlos Negro.

Citas musicais: Xoel López, Dakidarría, Cró e Diola

A axenda destacada desta fin de semana tráenos a Xoél López o sábado 10 en Vigo. Os grupos Cró e Diola tamén estarán o venres 9 en Santiago e o 10 en Ferrol. Elefantes actuará na capital galega o día 8, en Vigo o 9 e na Coruña o 10. Por último, Dakidarría estará o sábado en Bueu.

80 aniversario de Superman

Cúmprense 80 anos do nacemento do super heroe Superman.

Repasamos ademais con Carlos Portela a historia do cómic.

Pin It on Pinterest