O cinema en galego dos setenta
O cinema en galego dos setenta e as actividades da Academia Galega do Audiovisual na colaboración semanal de Carlos Ares.
O cinema en galego dos setenta e as actividades da Academia Galega do Audiovisual na colaboración semanal de Carlos Ares.
A antropóloga francesa Michèle Petit volve conquistar os seus lectores co seu libro ‘Ler o mundo’. A lectura ten a capacidade de desenrolar a imaxinación, pero tamén a empatía e a solidariedade. As palabras e os versos convértense nun refuxio ao que sempre podemos volver. É curioso a lembranza que os libros deixan nas persoas, a forma na que cambian a nosa vida.
‘Ler o mundo’ é un libro que non pode faltar nos fogares de bibliotecarios e mestres, xa que actúan como mediadores entre os máis pequenos e a lectura. “Ler é unha viaxe cara ti mesma, unha autodescuberta e un refuxio”, conta Montse Pena Presas no Diario Cultural de hoxe.
A colaboradora do Diario Cultural Alba Cid fala sobre o novo poemario ‘Pantallas’ de Celia Parra. A escritora é unha gran impulsora de novos proxectos e ideas anovadoras, ademais de levar tras de si numerosos recoñecementos e premios.
A súa aposta máis recente son os videopoemas como un apoio sonoro e visual para chegar máis alá do texto. O seu último relato transporta o lector ata unha realidade futura protagonizada por un mundo cheo de ruídos e luces onde o sol é coñecido como led.
Esta semana Armando Requeixo fálanos de dúas novelas de ben diversa natureza: O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, e mais Orfeo canta, de Roberto Abuín.
O meu nome é Ninguén (Xerais) é un thriller protagonizado polo inspector Carlos Manso, un antiheroe que se embarca na investigación da estraña morte de seu irmán, tamén policía, e no curso das súas pescudas acaba por descubrir un lutuoso episodio de pederastia protagonizado por un alto relixioso. Polo medio aparecen outras fías como as da corrupción política e policial, a marxinación dos discapacitados ou a impunidade coa que o Poder actúa.
Orfeo canta (Axóuxere) é un texto mestizo que hibrida sobre unha base narrativa retallos poéticos, discurso ensaístico e fórmulas parateatrais. O resultado é unha narración atípica que nos convida a reflexionar sobre as complexas relacións de literatura e vida tomando como fío condutor o descenso aos infernos de Orfeo na procura de Eurídice, unha catábase necesaria para que o individuo se atope a si mesmo e renaza nun proceso de anábase que o devolva á luz e a comprensión plena do ser e a existencia
Como cada luns Emilio Españadero repasa a última actualidade en música tradicional. Xabier Díaz será o homenaxeado da próxima Xuntanza de Gaiteiros e o grupo Leirabuxo xa ten preparada a presentación do seu segundo traballo discográfico.
O historietista fai un repaso da súa traxectoria. Destaca o ‘Viñetas do Atlántico’, evento do que é director, como referencia para mostrar ao público a banda deseñada e potenciar un ámbito creativo no que Galicia é “unha granxa moi rendible con boas colleitas en cantidade e calidade”.
Non foi ata a época universitaria cando aprendeu a linguaxe propia da viñeta a partir da combinación da letra e o debuxo. Fala do paradoxo de que se vincule a banda deseñada co público infantil, cando en realidade “hai moi pouca viñeta infantil”, o que supón un risco para a captación de novas audiencias.