Todas as colaboracións

Buscamos a estrela de Belén nos ‘ceos galegos’

Manuel Vicente, colaborador de cultura científica, convídanos a poñer a vista no firmamento. Nun mesmo día, o calendario cambia de estación co solsticio de inverno, Xúpiter e Saturno póñense de acordo para achegarnos unha posible estrela de Belén, e o propio almanaque vístese de gala coas fotografías astronómicas de ‘Ceos Galegos’. 

O colapso do radiotelescopio de Arecibo

O mundo da astronomía está de loito porque o buque ensignia da investigación astronímica, o radiotelescopio de Arecibo, en Puerto Rico, colapsou irreversiblemente hai un par de semanas.

Explícanos máis sobre este radiotelescopio e a súa importancia, Manuel Vicente, de Efervesciencia. 

Campo de Espigas: a radio científica

Co motivo do concurso de relatos de inspiración científica ‘Inspiraciencia’, que convoca a delegación do CSIC en Cataluña, escoitamos a recreación radiofónica de “Campo de Espigas”. 

A loita científica contra o coronavirus

O noso colaborador de cultura científica, Manuel Vicente, achéganos as novidades e curiosidades que rodean a investigación do coronavirus. 

‘Mare plasticum’: unha diagnose da contaminación do mar

Manuel Vicente, presentador do espazo de divulgación científica da Radio Galega, Efervesciencia, achéganos a lectura de ‘Mare plasticum’, unha análise do estado de contaminación dos océanos, provocado principalmente polos microplásticos. 

As estrelas xa teñen nomes galegos

As estrelas teñen agora nomes galegos: a Real Academia Galega presentou a listaxe dos nomes en galego das 88 constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional, coa que se achega unha proposta “normalizada e oficial” para as estrelas.

Falamos co noso científico cultural, Manuel Vicente, colaborador do Diario Cultural e presentador de Efervesciencia. 

Páxina de cultura científica

Manuel Vicente achéganos, nesta sección, a figura do poeta Ernesto Cardenal e do físico Freeman Dyson.

Lembranza a Mario Bunge

O filósofo da ciencia, Mario Bunge, que faleceu o 24 de febreiro, ós cen anos de idade, centrou a sección de Cultura Científica de Manuel Vicente.

Na páxina de Cultura Científica, Manuel Vicente falounos de Betelgeuse, unha misteriosa estrela minguante

Na páxina de Cultura Científica, Manuel Vicente falounos de Betelgeuse, unha misteriosa estrela minguante. 

Andrés Comerna, científico protagonista do Día da Ciencia 2020, centra a páxina de Cultura de Manuel Vicente

Andrés Comerna, científico protagonista do Día da Ciencia 2020, centra a páxina de Culltura de Manuel Vicente

Pin It on Pinterest