Todas as colaboracións

Tradución ao galego do ‘Herbario medicinal do Mosteiro de Reichenau’

Trátase dun poemario escrito arredor do ano 840 polo abade Walahfrid de Richenau, sobre o cultivo das hortas. Traducido por primeira vez a unha lingua romance, o galego, por Xosé Vélez Latorre, que tamén fixo o traballo de introdución e notas que acompañan os versos.

Celia Parra presenta o seu novo poemario ‘Pantallas’

A colaboradora do Diario Cultural Alba Cid fala sobre o novo poemario ‘Pantallas’ de Celia Parra. A escritora é unha gran impulsora de novos proxectos e ideas anovadoras, ademais de levar tras de si numerosos recoñecementos e premios.

A súa aposta máis recente son os videopoemas como un apoio sonoro e visual para chegar máis alá do texto. O seu último relato transporta o lector ata unha realidade futura protagonizada por un mundo cheo de ruídos e luces onde o sol é coñecido como led.

Pin It on Pinterest