Todas as colaboracións

O arquivo do fotógrafo Raniero Fernández

Mónica Maneiro estréase como colaboradora de arte no Diario Cultural falándonos de Raniero Fernández, un exemplo do panorama da fotografía en Galicia nas décadas dos cincuenta, sesenta e setenta. Un panorama organizado en relación ás agrupacións fotográficas e moi afastado en termos xerais da ruptura formal que tiña acontecido en Europa coa chegada das vangardas. Neste contexto a mostra Raniero Fernández. O arquivo que pode verse no CGAC ata o 12 de febreiro supón a oportunidade a achegarnos ao que, en palabras dos comisarios da mostra Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, é quizais o arquivo fotográfico máis completo e organizado dos existentes en Galicia para ese período histórico.

Pin It on Pinterest