Todas as colaboracións

Solrain, Grampoder e mariagrep

Tito Lesende pica hoxe ‘Quiero volver’, canción do primeiro disco dos coruñeses Solrain, avánzanos ‘PM’, o regreso dos composteláns Grampoder e pon o ramo coa ‘Tirita’ de mariagrep. 

Santi Araújo, Annie B. Sweet e o ‘Xuntos’ de Familia Caamagno

Tito Lesende traénos hoxe unha das pezas do novo disco de Santi Araújo, coa colaboración de Leonor Watling,  un avance do traballo da andaluza Annie B. Sweet cos cántabros Los Estanques e a estrea mundial da nova canción de Familia Caamagno, unha versión do ‘Xuntos’ de Juan Pardo.

O solsticio de Baiuca e Carlos Núñez

Escoitamos con Tito Lesende ‘Solsticio’, o tema no que colaboran Baiuca e Carlos Núñez. Entre os próximos concertos, recordamos a actuación de Grande Amore en Santiago esta fin de semana e avanzamos o paso por Galicia en abril da canadense Julie Doiron.

Berto, Sés e Ángel Stanich

Tito Lesende pica hoxe música do novo EP de Berto con Mariña Paz, a Sés, que este venres actúa en Santiago antes de empezar xira por América Latina e o último disco de Ángel Stanich, que a próxima semana dará concertos en Galicia. 

María Guadaña, Eels e dani

Tito Lesende pica hoxe música do novo álbum da andaluza María Guadaña, avánzanos o novo traballo dos estadounidenses Eels, que actuarán en Galicia en abril, e anúncianos concertos da viguesa dani.

Cepeda, Vega e Ataque Escampe

Tito Lesende adiántanos discos que se publicarándurante este ano: o terceiro traballo de Cepeda; ‘Mirlo Blanco’, o novo álbum de Vega e mailo compilatorio ‘Puro Deleite’ no que participan Ataque Escampe cunha versión da canción que Ana Kiro cantou en 1967 no festival de Benidorm.

Música para pechar 2021

Tito Lesende despide o ano con música de Baiuca, Grande Amore e mais do grupo asturiano Alberto & García, que actúa enFerrol o próximo luns. 

Tanxugueiras, Fon Román e Tulip

Escoitamos o ‘Terra’ das Tanxugueiras con Tito Lesende, que pica tamén a última canción de Fon Román e avanza un concerto de Tulip para xaneiro.

Ortiga, Ilegales e Secho

Escoitamos con Tito Lesende a Ortiga, que actúa este venres na sala Karma de Pontevedra, a Ilegales, que visitarán Galicia en marzo de 2022 e a Secho, que pasa este domingo pola súa ‘Consellería do ritmo’ en Radio Galega Música.

O novo de Mariagrep e Budiño na catedral de Ourense

Tito Lesende pica o último de Mariagrep, unha versión do clásico do italo-disco “Marinero“, recoméndanos o concerto que Budiño dará esta fin de semana na Catedral de Ourense e avánzanos que Guadi Galego estará este domingo na Consellería do Ritmo, en Radio Galega Música, ás dez da noite.

Pin It on Pinterest