Todas as colaboracións

O románico lugués

Mario César Vila fálanos sobre o románico lugués.

O camiño descoñecido

Na súa colaboración de arqueoloxía, Mario César Vila fálanos sobre o Camiño de Santiago dende a Ría de Muros-Noia, que aínda non está considerado dun xeito oficial.

Falamos do Incipit, o instituto de investigación do CSIC orientado ao patrimonio cultural

Na sección desta semana con Mario César Vila falamos do Incipit, o instituto de investigación do CSIC orientado ao patrimonio cultural.

O Incipit reúne a especialistas de numerosos campos, como antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, astrofísica, educación, filosofía, xeografía, historia, enxeñaría de software, ou lingüística.

Elena Cabrejas Domínguez, investigadora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), informounos sobre as principais liñas de investigación e proxectos nos que están traballando.

Visitamos as intervencións arqueolóxicas da Cova Eirós, en Triacastela

Visitamos Cova Eirós durante as intervencións arqueolóxicas que se desenvolveron no mes de agosto da man de Arturo de Lombera Hermida, codirector do proxecto e paleolitista. Con el visitamos o interior da gruta e informounos dos últimos resultados.

Cova Eirós é unha cova prehistórica situada no lugar de Cancelo, pertencente ao concello de Triacastela (Lugo). Contén un importante xacemento arqueolóxico do Paleolítico Medio con máis de 35.000 anos de antigüidade, así coma pinturas e gravados pertencentes á arte rupestre paleolítica.

Visitamos co noso arqueólogo Mário César o Foxo do Lobo das Covateiras.

O noso colaborador arqueólogo Mário César lévanos con outro arqueólogo, David Pérez López, ao Foxo do Lobo das Covateiras, no concello ourensán de Bande.

David Pérez López é o director dos traballos de recuperación e posta en valor que se están realizando e autor do libro “Os foxos do Lobo. A caza do Lobo na Cultura Popular” (Editorial Canela, 2010). Cóntanos os seus coñecementos sobre os foxos de lobo e das actuacións que están a facer de recuperación e posta en valor destes achados.

Últimos resultados da campaña arqueolóxica no Campo do Castro, na Punta Sarridal en Cedeira

Nesta semana, daremos conta co noso colaborador arqueólogo, Mario César, dos resultados da última campaña arqueolóxica en Campo do Castro (Cedeira), dirixida polo arqueólogo Emilio Ramil.

O Castro Sarridal enmárcase na segunda fase da cultura castrexa, entre os séculos V – II a.C. ata a etapa galaico romana, entorno aos séculos I-II d.C. Posteriormente o castro abandónase por completo ata as sondaxes arqueolóxicas iniciadas no 2017.

O tamaño do castro abarca toda a península do Sarridal e na súa unión coa terra presenta un sistema defensivo con dous profundos fosos e dúas murallas. Ademais, atópase rodeado de cantís. O seu elemento arquitectónico mais destacado é o “Monumento con Forno”, unha estrutura dedicada aos baños de vapor que conta cunha complexa arquitectura.

Na última intervención, rematada a pasada semana, escavaron o camiño de acceso ao castro, o cal conta cun lousado que leva á antecámara da sauna. Escavaron tamén a liña defensiva interior do primeiro recinto fortificado co bastión de acceso e atopando todo un novo bastión sobre o foxo. Un bastión de forma oval que controla o acceso e se acaroa ao paramento exterior, e que constitúe un singular complexo defensivo.

Mario César tráenos Santiago tras Santiago

O noso colaborador Mario César tráenos a segunda parte da historia de Santiago a partir das evidencias arqueolóxicas, tras o descubrimento do sepulcro do Apóstolo.

Cóntanos o que sucede en Compostela tras o descubrimento do sepulcro do apóstolo e os restos que podemos ver hoxe dese Locus Sancti Iacobi

Visitamos o Castelo de Portomeiro, no Val do Dubra

Na colaboración de arqueoloxía con Mario César Vila imos ata O Castelo de Portomeiro, no Val do Dubra.

O Castro de Elviña

Na colaboración de arqueoloxía con Mario César Vila imos en directo ata o Castro de Elviña. É o máis importante do norte de Galicia, en canto a funcións económicas, sociais e estratéxicas. Dende alí vemos a Torre de Hércules.

Compostela, antes de Santiago

Como era Compostela antes da tumba do Apóstolo Santiago? Facemos unha viaxe co noso arqueólogo Mario César Vila

Pin It on Pinterest