Todas as colaboracións

Guerra e arte

Rosario Sarmiento fálanos da relación entre guerra e arte.

‘Mamá pelicano’, premio Fiz Vergara

Alba Cid achéganos á lectura de ‘Mamá pelicano‘, de Alicia Fernández, premio Fiz Vergara de poesía. 

Desenmarañando os datos médicos

Manuel Vicente axúdanos a comprender mellor todas as cifras e datos médicos que enchen as informacións deste último ano. 

Músicas para o domingo: Thee Virus e Mallou

No Diario Cultural con Alfonso Espiño facemos balance dun ano de pandemia no mundo musical. Xusto hai un ano, o 14 de marzo do 2020, chegaban estreas, novos traballos e publicacións. Camiños musicais que quedaron sen saída e que hoxe, un ano despois, escoitamos e lembramos nas ondas da Radio Galega.

Alfonso Espiño recorda este ano de pandemia recuperando a música dos coruñeses Thee Virus e pecha esta semana do 8 de marzo cunha canción de Mallou, o novo proxecto de Sabela García Bello e Benxamín Vázquez.

Foto e cine

Beli Martínez fala sobre a relación entre fotografía en cinema.

O vikingo do Luar

O novo de Baiuca, Teo Carralda e Mikel Erentxun da man de Tito Lesende,

O Castro de Elviña

Mario César Vila detalla os novos descubrimentos do Castro de Elviña: unha moeda e unha bala.

Soga e Cinsa: 11 bruxas en 101 minutos

Roberto Pascual fai mención da estrea de ‘Soga e Cinsa: Tríptico teatral para 11 bruxas en 101 minutos’, da compañía Aporía Escénica.

“Unha peza moi ben documentada sobre a persecución a moitas mulleres acusadas de bruxería. Un espectáculo para gozar das imaxes, do espazo sonoro, e da reflexión sobre a sensibilidade e inelixencia de moitas mulleres sobre remedios naturais”. 

‘A realidade’ de Manuel Darriba

Esta semana Armando Requeixo convídanos a mergullarnos na lectura de A realidade, a máis recente novela de Manuel Darriba.

“A realidade (Xerais) achéganos ao deambular de Ganzúa, un escritor frustrado que, nun escenario futurista e caótico, percorre as rúas dunha cidade innominada cruzándose con diversos personaxes namentres lembra a súa vida pasada, imaxina o seu final e tenta sobrevivir cando está a punto de se desatar unha revolta civil entre clases sociais.

Innovadora e desacougante, esta narración debuxa un futuro caótico no que seguen a palpitar as grandes interrogantes de todo tempo: que é o real? cal é a nosa verdadeira identidade? e que sentido ten a nosa viaxe vital?”

 

 

Escolma de grupos musicais que retoman as actuacións en directo

Na colaboración do Diario Cultural con Alfonso Espiño falamos da música ao vivo. Coñecemos grupos que teñen previstas actuacións e concertos nos próximos días, entre eles está Zënzar, unha banda de Cerceda que publicou o traballo “Benvidas ao futuro”.

Pin It on Pinterest