Todas as colaboracións

Historias verdadeiras

Carlos Portela recomenda  ‘Historias verdaderas’, de Raymond Brings e ‘Todo bajo el sol’, de Ana Penyas.

Teatro comunitario no Son do Mar

Teatro comunitario no Son do Mar

Martes de Entroido

Emilio Españadero celebra este Martes de Entroido connosco. Escoitamos a Abrindo Rejo, a Lucía Pérez xunto coa Roda e a Joel Padín.

Escritoras galegas ‘Libres e vivas’

Esta semana Armando Requeixo fálanos de ‘Libres e vivas’, un volume de relatos publicado pola Editorial Galaxia.

‘Libres e vivas’ reúne dez historias doutras tantas escritoras galegas do momento: Anxos Sumai, Berta Dávila, Charo Pita, Elisabeth Oliveira, Esther F. Carrodeguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Queixas e Paula Carballeira.

Relatos moi diferentes tanto polas súas temáticas coma polo seu estilo, coinciden todos eles no protagonismo da muller nas súas tramas e na reivindicación das causas feministas, no desexo dunha sociedade na que as mulleres poidan sentirse, como anuncia o título da obra, verdadeiramente libres e vivas.

 

 

María Antonia Dans

Rosario Sarmiento fálanos sobre a pintora Maria Antonia Dans.

Os paxaros de Daniel Salgado

A nosa colaboradora Alba Cid chega hoxe ao Diario Cultural co novo poemario de Daniel Salgado: ‘Os paxaros e outros poemas’, editado por Xerais. 

Día de Darwin

O 12 de febreiro foi o Día de Darwin. Coñecemos mellor a súa figura e o seu traballo esencial para a ciencia coa axuda de Manuel Vicente

Miguel Alberte presenta ‘Humo’

Na colaboración de Alfonso Espiño no Diario Cultural descubrimos as novidades musicais da semana:

Logo de publicar ‘Rúa Arcebispo Malvar’, o músico pontevedrés Miguel Alberte edita un novo sinxelo. Trátase dunha nova versión dun tema que aparecera no seu primeiro disco. A canción, chamada ‘Humo‘ é unha oda ás locomotoras de vapor e a nostalxia dun romanticismo “un tanto esaxerado, pero sincero”. Unha creación que, segundo o autor, merecía unha revisión e unha segunda oportunidade.

Películas de Entroido

Aproveitando as datas, Beli Martínez ensínanos filmes nos que se puidera ver o Entroido galego.

Pin It on Pinterest