Todas as colaboracións

‘Eu son A’

Montse Pena Presas propón a lectura de ‘Eu son A’ (Kalandraka), de Steve Tasane e traducido por Carlos Acevedo. Unha historia de nenos que se atreven a soñar, malia vivir nun campo de refuxiados. 

Anti San Valentín

Hoxe Tito Lesende sorpéndenos incorporando a música de raíz coas Tanxugueiras. Tamén achega o novo dos Nastys (unha confrontación co San Valentín) e a nova peza dos Vinagres.

Unha serie sobre xente normal

Begoña Vázquez de Sala 5 recoméndanos ‘Vitals‘, unha serie de HBO sobre xente normal. Aí reside o seu misterio e a súa grandeza, no medio dunha situación de alarma por pandemia sanitaria, as historias que nos importan son as das vidas normais.

Descubrimentos romanos

Atópanse en Bande restos romanos de grande importancia.

O teatro de Fernando Castro Paredes

Este asturiano afincado en Cee, deuse a coñecer nos últimos anos no ámbito da dramaturxia gañando os Premios Rafael Dieste ou o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño para público adolescente. Pero Fernando Castro xa tiña navegado no teatro no ámbito do teatro escolar e afeccionado. Agora falamos das súas últimas pezas premiadas e editadas, Amorodo Agre (Deputación da Coruña) e A derradeira bala (Editorial Galaxia).
Dous estilos moi diferentes, dous tons opostos, dúas mostras da versatilidade dun autor que sabe moverse da comedia farsesca e absurda ao drama social con profundidade simbolista e cáustico.
Un comentario de Roberto Pascual

Pasado e presente

Emilio Españadero móstranos pasado e presente da música de raíz. Tanxugueiras, Ricardo Portela, Javier Franco, Xisco Feijóo.

Orixe orzánica das sereas todas

Esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura dun libro ben singular: Orixe orzánica das sereas todas de Rodrigo Osorio.

Orixe orzánica das sereas todas (Alvarellos) é unha ucronía. É dicir, unha narración imaxinaria do que puido ser e non foi. Neste caso, Rodrigo Osorio fabula cunha Galicia onde a Guerra Civil non tivo lugar e, en consecuencia, tampouco se viviu a longa posguerra franquista.

Nesa Galicia ideal o gran pintor Urbano Lugrís ingresa na Academia Galega da Lingua en 1953 lendo un discurso sobre a natureza das sereas e o seu vínculo coa beiramar coruñesa. Un discurso, por certo, ao que responde o escritor Leandro Carré Alvarellos, engadindo así novos argumentos a este relato desbordante de imaxinación e de fondo alento mitolóxico.

 

 

O fillo pintor de Rosalía

Un dos fillos de Rosalía de Castro, Ovidio Murguía, foi un gran pintor.

A maldición da novena sinfonía

Luis Miguel Crespo dá conta das novidades da música clásica en Galicia, e explica a maldición da novena sinfonía. Por que pasaron anos ata que un compositor pasou das nove sinfonías? 

A comunicación da ciencia na pandemia

A ciencia e os científicos convertéronse nesta pandemia no centro de atención dos medios. Como se está comunicando a pandemia? Como cambiou a divulgación científica neste último ano?

A cultura científica, con Manuel Vicente de Efervesciencia

Pin It on Pinterest