Todas as colaboracións

Tomás Porteiro presenta ‘La Charcutería’

Na colaboración de Alfonso Espiño falamos do músico Tomás Porteiro, que presenta o seu traballo en solitario. O seu proxecto leva por título ‘La Charcutería“. “É unha nova mostra do manexo de figuras como a ironía ou a metáfora, uns recursos que cada vez botamos máis de menos nas músicas populares”, asegura Espiño. O vídeo musical está dirixido e producido por Adras M. Cedrón.

Tamén lembramos que xa están dispoñibles as entradas para o vindeiro streaming de Tomás Porteiro. Será o 27 de febreiro na Ponte dos Concertos.

A Cuarta Parede

O medio de comunicación de crítica cinematográfica A Cuarta Parede celebra o seu décimo aniversario.

Soños de Cajamarca

A nosa colaboradora Montse Pena Presas foi escollida escritora do mes pola AELG. Pero non por iso deixa de traernos lecturas interesantes do eido infantil-xuvenil. A de hoxe é moi especial: ‘Soños de Cajamarca‘, unha lectura solidaria. 

Despois de OT

Tito Lesende móstranos que tal lle vai a Eva Barreiro despois de OT e o novo de Bomba Estéreo.

Cines en reposición

Estas semanas, os cinemas do país ou pechan, ou ofrecen reposicións de películas clásicas como ‘The Kid’ de Charles Chaplin, que cumpre 100 anos. 

Para as novidades, temos que botar man das plataformas de video baixo demanda como Filmin, que estrea o documental ‘A pintora e o ladrón’. 

Harley Quinn

Carlos Portela ensínanos a biografía da personaxe máis popular do universo Batman dos últimos anos.

Os retos do teatro

A actualidade do teatro con Roberto Pascual:

Que é un bolo no argot teatral?
Por que pecharon os teatros en Galicia e os templos de culto relixioso non?
Que novos formatos, linguaxes e maneiras de gozar do teatro podemos encontrar?
Por que non hai unha lei de teatro que regule a súa actividade?
Nesta crise sanitaria tamén se presentan retos para a arte teatral e moitas preguntas. Hai quen nunca pisou un teatro e agora descóbreo dende novas plataformas, dende recursos didácticos coma o proxecto ‘Escena para todas’ da AELG ou dende as redes sociais e iniciativas comunitarias.
Da man de Chévere facemos unha parada, diante dos teatros pechados e reflexionamos mentres falamos do seu novo proxecto, ‘Dramawalker Vite’, unha ficción sonora ou paseo autoguiado con ferramentas tecnolóxicas. A compañía de Compostela sempre se caracterizou pola diversificación de actividades, a procura de fórmulas novidosas de interacción artística e social, a actividade empresarial máis alá do bolo (unha función cada fin de semana nun punto diferente da xerografía). Unha fórmula diferente e sostible de existir como compañía profesional ante a precariedade xa antes da pandemia, antes do peche dos teatros.

Estrea con 15 anos

Unha semana máis, Emilio Españadero trae novidades sobre a música de raíz. O novo de Toundra, das Tanxugueiras e a estrea con só 15 anos de Joel Padín.

‘Corazón de manteiga’

Armando Requeixo trae da man unha nova lectura coa que tentar seducirnos: Corazón de manteiga, de Xavier Queipo.

Corazón de manteiga (Galaxia) é o relato intimista dunha vida, a do neno Mauro no corazón das terras do Sar, que logo é mozo na Compostela dos xardíns de Bonaval e adulto nos imposibles corredores do Psiquiátrico de Conxo.

Escrito con admirable capacidade evocativa, pouso lírico e reveladora instrospección psicolóxica, esta novela resulta unha intensa viaxe nos labirintos do eu.

 

 

Arte e guerra

Da man de Rosario Sarmiento adentrámonos da significación da guerra a través da arte.

Pin It on Pinterest