Todas as colaboracións

Libro para a casa dos avós de Noelia de Alperiz

‘Libro para a casa dos avós de Noelia de Alperiz’. Dentro deste sorprendente título atopamos un poemario autoeditado de Celso Fernández Sanmartín, que ten como finalidade axudar á restauración desta casa. 

Queres saber máis? Escoita á nosa colaboradora Alba Cid. 

Por que treme a terra?

A terra no sur de España non deixa de tremer. En Granada rexistraron na última semana numerosos terremotos de ata forza 4 na escala de Richter. Pero que significa todo isto? Por que treme a terra?

Explícanolo Manuel Vicente de Efervesciencia

David Regueiro presenta o proxecto ‘O Camiño’

Na colaboración de Alfonso Espiño falamos de novidades musicais que xiran arredor da guitarra. David Regueiro presenta o seu proxecto ‘O Camiño’. Un traballo que xorde tras a chegada de Carlos Sabrafén a Galicia. 

Todo comeza cando Regueiro decide levarlle a súa vella Gibson 175 a Sabrafén para que lle faga unha serie de axustes. Así nace o proxecto ‘O Camiño’

Sabafrén constrúe unha guitarra de jazz con madeiras galegas e inspirada en Galicia, un instrumento que levará por nome ‘Maruxa’. A guitarrá percorrerá diferentes puntos da xeografía galega, seguindo o Camiño de Santiago.

Curtas galegas en Suíza

Comeza a 43º edición do festial suízo de curtametraxe de Clermont. 3 curtas galegas participan no certame.

Atopémonos bailando

A nosa colaboradora Sabela Mendoza proponnos dúas iniciativas impulsadas por dúas compañías galegas:

As xornadas “Atopémonos bailando” organizadas polo colectivo Glovo en Lugo, adiadas por mor dos peches da actividade cultural.
E a residencia artística “Instante Gradual” de Kirenia Danza, que se está a desenvolver este días en Malmo, Suecia, e que abrirá un encontro online mañá venres. 

Nuno e Chicho

Tito Lesenda fálanos de Los Rastreadores, o último proxecto de Chicho (Ortiga, Boyanka Kostova) e Nuno Pico (Oh Ayatollah, Grande Amore). Tamén do novo de Silvia Penide.

Que facemos cos cines pechados?

Pechas os cines coas novas restriccións, pero Begoña Vazquez non quere quedemos sen boas películas para levar mellor a pandemia. As recomendacións desta semana van directamente ás plataformas dixitais. 

O Santa Isabel

Falamos con Mario César Vila do afundimento do Santa Isabel, feito que inspirou o filme ‘A illa das mentiras’, de Paula Cons.

O enigma do baúl pechado

‘O enigma do baúl pechado’, de Xosé Antonio Neira Cruz, editado por Galaxia, é unha historia de misterio que Montse Pena Presas recomenda aos lectores xuveniles. 

Loitar cantando

Observamos o mellor da música de raíz con Emilio Españadero. Acordeireta, Ancestros, Javier Franco…

Pin It on Pinterest