Arqueoloxía no 2020
Mario César Vila fai un repaso ao máis interesante do pasado no 2020 en materia de arqueoloxía.
Mario César Vila fai un repaso ao máis interesante do pasado no 2020 en materia de arqueoloxía.
Estes días podemos ver no teatro a historia do amor, cando acaba o amor. A compañía Cámara Negra adapta ‘Clausura do amor’, o texto de Pascal Rambert, e ten todos os detalles Roberto Pascual.
Sara Vidal, Gambusinos, Luis Peixoto e o debut musical de Luciérnagas… toda a actualidade do folk da man de Emilio Españadero
‘Dicionario irreal para un país imposible’ (Xerais), de Xavier Seoane é un libro singular. Ideado como unha sorte de enciclopedia sui generis, inclúe distintos capítulos arredor dos máis variados temas que se organizan alfabeticamente, pero que non pretenden a exhaustividade, como nun dicionario convencional, senón que son o froito da escolla persoal e sempre orixinal do seu autor.
Mitos, persoeiros, lendas, tópicos e outras realidades son olladas aquí dende o ángulo do sociolóxico e do histórico, tamén do hermenéutico, o simbólico e o antropolóxico, mais sempre con humor, fina ironía, salpresado de retranca e, sobre todo, espírito crítico.
Cóntanos máis sobre esta obra o noso colaorador Armando Requeixo.
Rosario Sarmiento fala unha semana máis de artes plásticas. Esta semana cóntanos sobre Berta Cáccamo
Luis Miguel Crespo achéganos a axenta da música clásica en Galicia para este 2021. As mellores agrupacións, nos mellores teatros e cos mellores músicos.
A termodinámica, a ciencia do frío e da calor, explicada por Manuel Vicente de Efervesciencia. Que é o frío? Por que temos frío e calor?
Comezamos o 2021 coa colaboración musical de Alfonso Espiño. Hoxe coñecemos a Coché Vil, o novo proxecto de Coché Villanueva. O seu disco ‘Invincible’, producido por Luminol Récords, foi un dos últimos lanzamentos do ano.
Roberto Pascual fálanos de Arter Party, un espectáculo pouco visto, dunha compañía nova, que puidemos ver recuperado grazas ao impulso dun proxecto novidoso, “Prendendo butacas na casa”, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra.
Ano novo, películas novas. Veremos moitas distopías co 2020 como protagonista?
Begoña vázquez, de Sala 5, cóntanos as estreas máis destacadas desta primeira semana do ano.