Todas as colaboracións

‘Interna’ de Oriana Méndez é transitar “un lugar do equívoco”

Alba Cid achéganos na súa colaboración do Diario Cultural o novo poemario de Oriana Méndez, ‘interna’, que vén de aparecer na colección Arte de Trobar. En palabras de Alba: “O libro propón transitar algo que se desmantela, un lugar do equívoco, e facelo coma un internamento”. 

Buscamos a estrela de Belén nos ‘ceos galegos’

Manuel Vicente, colaborador de cultura científica, convídanos a poñer a vista no firmamento. Nun mesmo día, o calendario cambia de estación co solsticio de inverno, Xúpiter e Saturno póñense de acordo para achegarnos unha posible estrela de Belén, e o propio almanaque vístese de gala coas fotografías astronómicas de ‘Ceos Galegos’. 

O grupo ‘Bar Bar Sónicos’ presenta o traballo ‘Alimentando o nervio’

Nesta colaboración de Alfonso Espiño falamos do grupo ‘Bar Bar Sónicos’, de A Pobra do Caramiñal. Presentan un novo traballo: “Alimentando o nervio”

Tamén falamos dun festival: o Lestrato Fest, que terá lugar na Sala Rebullón de Mos.

Semana fantástica do cinema galego

Beli Martínez cóntanos como esta semana estréanse ata 3 filmes de orixe galega nos cines.

Teatro familiar con Paula Carballeira

‘Carabela’ e ‘Somos os monstros’ son os dous últimos títulos de teatro infantil da dramaturga, actriz e contadora Paula Carballeira, que atoparemos nas librarías. ‘Carabela’ anda nos escenarios coa compañia Galeatro.

Estas dúas pezas teñen en común a figura do monstro ou da pantasma, o tema do medo; pero tamén a capacidade de imaxinar, de crear, e a valentía que rompe fronteiras. O pensamento ecolóxico, o humor e o ritmo áxil son algunhas das características da dramaturxia desta autora.

Un comentario do colaborador do Diario Cultural, Roberto Pascual. 

‘Ons’, entre as estreas máis destacadas da semana

As estreas da fin de semana que trae cada xoves Begoña Vázquez de Sala 5 ao Diario Cultural están protagonizadas por Morris e Melania Cruz. Os actores galegos son os protagonistas de ‘Ons’, o novo de Alfonso Zarauza. 

Pero aos cines chegan tamén películas como ‘Hasta el cielo’, con Luis Tosar e Carolina Yuste; ‘El inconveniente’, con Juana Acosta; ou unha superprodución de Marvel como ‘Wonder Woman’. 

Propostas arqueolóxicas para o Nadal

Mario César Vila dános unhas propostas relacionadas coa arqueoloxía por se queremos saír nestes días onde moitas persoas teñen vacacións.

A complicidade interxeracional na literatura

Dous libros para achegarnos á complicidade interxeracional entre nenas e mulleres maiores, no comentario de Montse Pena Presas. 

‘Velloucas e Minchas’, de Lorena Conde, publicado por Cuarto de Invierno e III Premio María Victoria Moreno de LIX pola igualdade.

‘Un mundo para Maruxa’, de Estefanía Padullés, publicado po Belaqua. 

‘Bica de Montouto’, Premio Balbino

A novela de Xosé Peinó, ‘Bica de Montouto’, merecedora do Premio Balbino 2020 é motivo de comentario de Armando Requeixo.

Montouto é un lugar no medio da nada, catro casas contadas. Os personaxes, xa anciáns, deciden non renderse e dar a última batalla antes da desaparición do lugar. Unha metáfora sobre a resiliencia e o amor ás raíces. 

Visitamos a mostra ‘Un mundo que sofre baixo un manto de flores’

Na colaboración de Rosario Sarmiento no Diario Cultural falamos da mostra ‘Un mundo que sofre baixo un manto de flores. Paisaxes exteriores/paisaxes interiores’ na salas do Kiosco Alfonso e Palexco na Coruña.
Esta mostra é a primerira dun ciclo de seis que teñen como fio condutor a creación artistica durante o confinamento pola pandemia do COVID- 19.

‘Nosa arte en corentena’, na que as comisarias da mostra, Anxela Caramés e Leticia Castromil, tratarán de facer un mapeado dos artistas coruñeses activos na cidade.

A temática deste primeira mostra “Paisaxes exteriores/paisaxes interiores” parte da idea de que a ‘paisaxe’ está moi presente no noso día a día este ano. A nosa paisaxe interior da casa, as nosas reflexións, o noso autocoñecemento, a nosa necesidade de saír ao exterior para respirar, pasear e redescrubrir as praias, os bosques, as cidades… Todo iso é do que os artistas desta mostra falan nas súas obras. 

Un total de 42 creadores de diferentes xeracións e poéticas a través de medios como a pintura, a fotografia, o debuxo ou a instalación falan da importancia que a creación, a arte e a cultura cumpriron e están a cumprir nun momento tan convulso e que tanta pegada está a deixar nas nosas vidas como é o actual.

Pin It on Pinterest