Todas as colaboracións

Os premios Martín Códax

Emilio Españadero fálanos unha semana máis da música folk. Neste caso sobre os premios Martín Códax

‘Todas as vidas’ collen nunha canción de Sabina e neste libro de Xosé Ramón Pena

Todas as vidas é un conxunto de oito narracións que Xosé Ramón Pena vén de publicar en Xerais. Inspirado pola canción de Joaquín Sabina ‘La del pirata cojo’. 

Un lexionario por Melilla, os púxiles do Ximnasio Detroit, a raíña de Svanetia ou a amizade entre un crego e un comunista: “todas as vidas” collen neste libro de Xosé Ramón Pena, como canta Joaquín Sabina. 

Un comentario de Armando Requeixo. 

A obra de Mamen Pereira

Rosario Sarmiento traenos unha semana máis a actualidade nas exposicións galegas. Nesta ocasión fálanos da obra de Mamen Pereira.

“Escenas e xogos infantís” da man de Robert Schumann e Georges Bizet

Luis Miguel Crespo convídanos a recordar aquelas escenas e xogos da nosa infancia, musicados por Robert Schumann e Georges Bizet. As súas composicións máis “inocentes” soarán este xoves 22 en Vigo da man de Zoar Ensemble e da Orquestra Sinfónica de Galicia. 

As Escenas infantís de Schumann son, segundo o seu autor, “unhas viñetas expresivas e adultas de lembranzas e reflexos da infancia”. Os Xogos infantís de Bizet lévannos tamén a evocar o lecer dos máis pequenos. Un repertorio moi orixinal que poderemos desfrutar coa sonoridade dun quinteto de vento de referencia en Galicia como é Zoar.

O Festival de Cine Inclusivo

Na súa colaboración semanal sobre audiovisual, Beli Martínez fálanos sobre o Festival de Cine Inclusivo de Vigo.

O teatro está de aniversario: 35 anos de Teatro do Atlántico e 25 do Galicreques

O noso colaborador Roberto Pascual celebra o 35 aniversario de Teatro do Atlántico con A conquista da escola de Madhubai. Teatro do Atlántico levou a cabo a fazaña de resistir 35 anos en escena con clásicos e contemporáneos.

Tamén resiste o Galicreques, o festival compostelán de marionetas, que este ano celebra o seu 25 aniversario. 

Os Premios da Música Independente

Tito Lesende fálanos na súa colaboración semanal sobre música dos Premios da Música independente 2020.

Dúas estreas españolas e unha polaca na gran pantalla desta fin de semana

Begoña Vázquez de Sala 5 achéganos as estreas máis importantes de cara a esta fin de semana. 

A primeira delas é No matarás, protagonizada por Mario Casas, e recén estreada no festival de Sitges. 

Tamén un mozo é o protagonista de Corpus Christi, un filme polaco que ano pasado estivo entre as mellores películas internacionais nos Oscar.

E a última película vén de Euskadi: Ane, mellor filme vasco do Festival de San Sebastián. 

Aprendemos a mirar os versos con ‘Leccións de poesía para nenas e nenos inquietos’

Montse Pena Presas achéganos ao mundo da poesía para os máis pequenos con esta tradución de Lección de poesía para nenas e nenos inquietos, de Luis García Montero. A tradución é un traballo de Luciano Rodríguez para Medulia Editorial, e está ilustrado por Juan Vila. 

‘Illados. Diario da pandemia’: a reflexión da escritora María López Sández e o fotoxornalista Miguel Muñíz

Escrito por María López Sández e ilustrado por Miguel Muñiz, nas páxinas de Illados. Diario da pandemia conxúgase o ensaio narrativo e o fotoxornalismo: a recomendación desta semana de Armando Requeixo. 

A través de oito breves textos, López Sández percorre diversos aspectos relacionados coa pandemia, que pon en relación con lecturas, vivencias e reflexións, ao tempo que conecta todo co relato fotográfico que Muñiz foi facendo nestes meses de pandemia.

Pin It on Pinterest