Este xoves día 16 preestréase a curta Helsinki 79 nos Multicines Compostela de Santiago. Neste Diario cultural falamos con Pablo Fontenla, realizador da produción.
A historia de Eufemiano e Lalo, dous galegos que triunfaron co seu disco en finlandés. Un éxito co que estiveron a piques de representar a Finlandia en Eurovisión. Cando Pablo Fontenla descubriu esta historia decatouse que o mundo non podía quedar sen coñecela. Así naceu este proxecto que hoxe chega aos cines da cidade compostelá.