‘María Solinha’, o filme de Ignacio Vilar, acaba de gañar a edición número 66 do Taormina Film Fest na sección Indieuropea. O filme foi proxectado na súa versión orixinal en galego con subtítulos en italiano e conquistou o xurado.
Tamén falamos do filme ‘A illa das mentiras’, que abrirá o Festival de Cans. Así, a galega Paula Cons debuta como directora. A produción tamén chegou ata o Festival de Shanghai, un dos máis importantes do mundo.