Visítanos Freixanes co libro ‘O triángulo inscrito na circunferencia’

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, rememora connosco un libro imprescindible: ‘O triángulo inscrito na circunferencia’, publicado pola Editorial Galaxia, 37 anos despois da súa primeira edición.

Freixanes recorda os primeiros anos da democracia como un “tempo de optimismo”, unha época en que “non había futuro se a cultura galega e o galego non tiñan o seu lugar no mundo”, asegura.

O escritor, xornalista e profesor reflexiona sobre a situación política actual e amósase preocupado polo uso da lingua nas campañas dos partidos.

“España é responsable de protexer e respectar todas as linguas do territorio. A imposición dunha lingua ten resultados devastadores. Canta xente pode estar disposta a mercar ese argumentario?”, critica o xornalista.

“A lingua é a atmosfera da literatura, da vida. Nós construímos o mundo con palabras, interpretamos o mundo coas palabras e é a través das palabras como o lector fica atrapado nun libro”, conta o escritor.

Pin It on Pinterest

35 Shares
Share35
Tweet
Share