Eva Mejuto

Eva Mejuto

Doutora en Xornalismo pola USC, traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016 e desde entón ata a actualidade traballa no ámbito da xestión cultural. Foi docente durante dez anos no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e fixo a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. Así mesmo, é autora de diversas adaptacións de contos tradicionais para formato álbum ilustrado, traducidas a máis de dez idiomas, entre as que destacan “A casa da mosca chosca” (Kalandraka 2002) e “Corre corre, cabaciña” e “Maruxa” (OQO). En narrativa xuvenil ten publicadas as novelas ”22 segundos” (Xerais, 2017 e Lóguez 2020), ”Memoria do silencio” (Xerais, 2019) e ”A ladroa da biblioteca de Meirás” (Xerais 2022), (con estas dúas foi finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil). Os seus álbumes máis recentes son ”Dez gatiñas viaxeiras”, ilustrado por Víctor Rivas, “Animalfabeto” ilustrado por Nuria Díaz e editado en Triqueta Verde. Xunto á ilustradora Bea Gregores publicou os álbums: ”A lavandeira de San Simón” e ”Cando leo” (Xerais 2020 e 2022). No ano 2021 foi galardonada co premio das Bibliotecas Escolares como a autora máis lida do ano e a súa obra “Neko” (Oqueleo, 2021) recibiu o galardón á mellor obra infantil nos Premios Follas Novas. O traballo máis recente é o libro de entrevistas “Memoria diversa”, sobre a memoria do colectivo LGBTIQA+ en Galicia, con fotografías de Carme Cerviño e editado pola Deputación da Coruña. Foi colaboradora literaria no programa da TVG “Zig-zag diario” e participa, coa xornalista Teresa Cuiñas, no podcast sobre libros e bibliotecas: “Entreliñas”.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share