Luis Miguel Crespo

É Licenciado en Música (especialidade de Trompeta) polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, e Máster en Industria Musical e en Profesorado de Educación Secundaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Actualmente é doutorando en Educación Musical na USC, imparte clase de música na Casa da Música de Chantada, e é integrante de diversas formacións musicais como a Banda de Chantada, o grupo Liviao de Marrao, ou a banda de Guadi Galego na xira de O mundo está parado.

Pin It on Pinterest