Podcast Diario Cultural Onda Vital do día 17/11/2019

“Significa volver á equipa do meu corazón, un fogar que fomos construíndo pero non só entre os membros do grupo senón tamén co propio público”
Conversamos con Álex Charlon da súa volta a Ataque Escampe, da nova formación á que se suman tamén Cibrán Tenreiro e Julio Vilariño, dos novos proxectos da banda e da súa participación no Suns Europe, o festival de artes en linguas minorizadas que se celebra a finais de novembro en Udine.

Recital de Lorena Souto. A escritora do Páramo le textos de ‘Coleópteros’, fálanos de Aderyn, o seu proxecto co músico David Miranda e escolle para recomendarnos unha canción da portguesa Surma.

“The mask of masculinity / This is why you never see your father cry”Viva Idles! é a nova colaboración de Matías Tarrio sobre a banda de Bristol da que reivindica o seu directo, as súas boas cancións e o seu poetente discurso.

Nace un novo selo Lindisfarne. O músico coruñés Alberto Cernadas promove este paraugas no que abeirar músicas tradicionais con producións electrónicas e que lanzan co sinxelo ‘Sa madona’ da cantante mallorquina Clara Fiol. 
Amais, Cernadas pica no noso Venham mais cinco. As súas escollas son músicas de  Mercedes Peón, Xosé Lois Romero e Aliboria, Érik Marchannd con Fransy González; Das Kapital e Xoel López.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share