A realidade soñada

A exposición ‘Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada’ abre mañá na Fundación Luis Seoane da Coruña, comisariada pola nosa colaboradora Rosario Sarmiento

‘A realidade soñada’ amosará ao público diversas acuarelas, debuxos, collages e un apartado documental da artista, co obxectivo de reivindicar a obra de Lolita Díaz Baliño e ofrecer unha perpectiva máis ampla do seu traballo. 

Un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento, cun forte carácter divulgativo e incidindo nos tres aspectos nos que se dividiu a súa traxectoria: artística, académica e docente. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share