A urxencia vital de Reimundo Patiño neste Día da Ilustración 2022

Achégase o día da Ilustración, unha data que se celebra cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao. Un día para lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural; e tamén, homenaxear a unha ilustradora ou ilustrador histórico. O protagonista deste ano é o coruñés Reimundo Patiño.

Patiño naceu no 36 e finou no 85, con tan só 49 anos, pero foi unha das figuras máis destacadas da arte galega, enmarcado nos anos da ditadura primeiro, e no cambio social e político da transición despois. Traballou principalmente en Madrid, pero sempre cun compromiso vivo con Galicia, co galeguismo e coa resistencia ao réxime. Entender isto lévanos a entender algo mellor a súa obra.

No programa de hoxe falamos sobre Reimundo Patiño con Daniel Buján, comisario da exposición que o homenaxea na Biblioteca de Galicia; e tamén con Antón Patiño, pintor e familiar, que reivindica a “urxencia vital” da arte de Reimundo.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share