‘ARCHIMÉTRICA’ de José Luis Serzo chega a Santiago nunha exposición conxunta das galerías Trinte e Metro. ‘Archimétrica, historia dun continuo renacer’ é unha curtametraxe premiada en festivais internacionais que explora a combinación do audiovisual con técnicas pictóricas e as vangardas como o dadaísmo ou o constructivismo.
Na exposición conxunta poderemos ver a curta e todos os materiais e obras nos que se inspirou e forman o universo creativo do autor.