Nova edición do festival de música Bal y Gay na Mariña lucense. Schubert e Gershwin serán os protagonistas desta cita que se desenvolverá en dous tramos: do 14 ao 16 de maio; e do 18 ao 26 de agosto.
Un festival que nesta edición de 2021 aposta aínda máis por mesturar a música co seu entorno, ofrecendo unha experiencia única no musical, patrimonial, paisaxístico e gastronómico.
No Diario Cultural falamos coa súa directora, Alba Rodríguez, e un dos músicos convidados, o guitarrista Pablo Sáinz-Villegas.