Diego Ameixeiras estréase no cómic con ‘Os suicidantes’

‘Os suicidantes’ é unha distopía ambientada en Santiago de Compostela, nun futuro deshumanizado no que se estende entre a poboación a ‘gran dor’, que lles quita as ganas de vivir. É a primeira banda deseñada do novelista Diego Ameixeiras, en colaboración co ilustrador Tomás Guerrero. Os dous autores explícannos algunhas das claves desta historia negrísima de alento humanista publicada por Edicións Xerais. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share