Os dous protagonistas de ‘Cubo’ viven nun espazo moi pequeno pero confortable e terán que decidir se paga a pena renunciar á comodidade para descubrir o mundo. Un espectáculo para público familiar inspirado polo confinamento sobre o que conversamos con María Torres e Gonçalo Guerreiro,
responsables da compañía Elefante Elegante.