Máis preto de saber se Cristóbal Colón era galego

O discurso oficial dinos que Cristobal Colón naceu en Xénova, que foi mariño, cartógrafo e gobernador xeral das Indias Occidentais, desde que un 12 de outubro de 1492 puxo pe nas Bahamas, nun continente ata o momento descoñecido para Europa. Pero desde o século XIX, diversas voces apuntan a unha posible orixe galega, que é o que agora leva á Universidade de Granada a procurar a súa pegada xenética na provincia de Pontevedra. Os traballos estanse realizando coa colaboración estreita da Asociación Colón Galego Celso García de la Riega, que preside Eduardo Esteban: “sabemos que Colón era galego, e só queda agardar a que os traballos en Poio e Vilaxoán nos achegen as probas”.

Entre as moitas teorías que hai sobre a identidade de Colón, hai quen apunta a Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga. Historiadores como Suso Vila negan esa relación, pero reivindican a figura política esencial que representaron os Soutomaior na historia da Galicia e da Castela da época.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share