‘A Carteira’ de Santiago Lopo é un libro sobre un oficio, sobre as relacións humanas e sobre comezar de novo.
A nosa carteira, ante unha situación laboral precaria, acepta un contrato temporal na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». Cun abano de personaxes sorprendentes, o humor, a intriga e a denuncia social mestúranse nunha trama orixinal narrada de forma directa.