A XV edición de Música no Claustro chega á catedral de Tui cun programa de sete concertos a transcorrer entre os días 1 e 7 de agosto. Cun aforo de 120 persoas e de acceso gratuíto ás 21.30 horas, de cada vez poderanse obter 90 entradas mediante reserva previa e 30 por orde de chegada ao concerto.
Aproveitamos para falar con Samuel Diz, director artístico do festival.