Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe coñecemos a plaquette poética ‘Carne da miña carne’ coa súa autora,  Susana Sánchez Aríns. E tamén a nova película do vigués Álvaro Gago titulada “16 de decembro”.

Ramón Vilar Landeira presenta ‘Un peixe no parqué’

“Estamos feitos de soños. Son o combustible que nos axuda a movernos. Sen soños é imposible vivir”, di Ramón Vilar Landeira, que veu presentar o seu libro ‘Un peixe no parqué’, publicado por Xerais.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O escritor Ramón Vilar Landeira presenta o libro ‘Un peixe no parqué’. No tempo de literatura con Armando Requeixo falamos das traducións ao galego de ‘O planeta dos simios’ e ‘O derradeiro verán’.

‘Quen salva un can’, o novo libro de Érica Esmorís

‘Quen salva un can’ narra as aventuras de Rai na terra na que os cans falan con Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata.

Unha historia para público xuvenil que coñecemos neste Diario Cultural da man dea autora, Érica Esmorís.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural coñecemos o libro ‘Quen salva un can’ que narra as aventuras de Rai na terra na que os cans falan. Unha historia para público infantil e xuvenil da man dea autora Érica Esmorís.

Tamén temos colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe comezan, no Consello da Cultura Galega, as xornadas ‘A internacionalización da literatura galega en tradución ao inglés: novas oportunidades perante un mercado editorial británico-irlandés en apertura’; e falamos coa súa coordinadora, Olga Castro, e con un dos poñentes: Richard Mansell da University of Exeter falará de ‘Traducir narrativa ao inglés: novas tendencias e estratexias para o mercado editorial británico en proceso de cambio.’

Galicia, a través da mirada de mulleres viaxeiras

Descubrimos o proxecto Viaxeiras por Galicia. O Consello da Cultura Galega reúne na súa web imaxes, textos e ligazóns sobre as mulleres estranxeiras que escribiron sobre as súas viaxes a Galicia entre o século XIV e os anos 60 do século XX. Neste Diario cultural falamos coa coordinadora Mariam Mariño Costales.

As protagonistas son mulleres como a lingüista alemá Margot Sponer, que realizou a primeira tese de doutoramento sobre o galego; a fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson, ou a novelista Edith Wharton, a primeira muller en gañar un premio Pulitzer. A través da súa mirada descubrimos Galicia dende unha perspectiva diferente.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos o proxecto Viaxeiras por Galicia, do Consello da Cultura Galega. Falamos con Emilio Españadero da 36ª edición da Festa da Carballeira de Zas.

Raiceira actúa este sábado no Clavicémbalo de Lugo

O dúo folk Raiceira actúa este sábado no Clavicémbalo de Lugo, co chelo de Sabela Vázquez e a voz e percusións de man de Carme López. Falamos con elas neste Diario Cultural.

“A formación regrada é esencial para sentar unhas bases, pero despois hai que beber da tradición, aprendendo coa xente, nas improvisacións e foliadas”, di Carme López.

“Despois de tantos anos no conservatorio, moitos músicos acabamos queimados e buscamos algo diferente”, engade.

Entre as partituras e a formalidade da música clásica, Carme comezou a buscar espontaneidade. Atopou a resposta na música tradicional.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O dúo folk Raiceira actúa este sábado no Clavicémbalo de Lugo. Como cada venres, escoitamos as recomendacións de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas.

Pin It on Pinterest