Videos

Descubrimos os espectáculos do Galicia Escena Pro 2019

No Diario Cultural coñecemos dous espectáculos que se escenifican hoxe no mercado galego das artes escénicas, en Santiago. Un deles é Pink Unicorns, de La Macana, onde a danza une a un pai e o seu fillo adolescente. Falamos coa directora da compañía, Caterina Varela.

Despois de compartir escenarios, pai e fillo decatáronse de que non se coñecían tanto como pensaban. O espectáculo foi unha descuberta tamén a nivel persoal.

A outra peza é Evolution, de N+1, que se estrea hoxe. Escoitamos a Alfredo Pérez Muíño. Unha obra que narra a historia da humanidade e que nos leva a entender o momento actual. Alfredo traballa co espazo baleiro e sen palabras. Unha creación que incorpora elementos circenses.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos dous espectáculos do mercado galego das artes escénicas: Pink Unicorns, de La Macana; e Evolution, de N+1. Como cada mércores, temos colaboración de teatro con Roberto Pascual.

5 cadernos de poesía bilingüe

Neste Diario Cultural falamos de poesía e máis en concreto dunha colección de 5 cadernos bilingües que ven de publicar a editorial Tulipa e que se engloban nun mesmo proxecto: a colección ‘10×15’ que coordina o poeta Juan Bello. 

Os títulos da colección son ‘Casa’ de Juan Bello e traducido do castelán;  ‘Os afluentes’ de Vicente Vázquez e traducido ao francés; ‘En espera’, da chinesa Man Li;  ‘Este é o agasallo que lle dou o meu corpo’, da americana Robin Myers; e ‘Alén dos Mapas’, da italiana Paola Sepúlveda. Este último ven de ser presentado na terceira edición da Semana do Libro de Compostela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural falamos de poesía e máis en concreto dunha colección de 5 cadernos bilingües que ven de publicar a editorial Tulipa e que se engloban nun mesmo proxecto: a colección ‘10×15’ que coordina o poeta Juan Bello. 

Tamén temos colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe ten lugar a Xornada ‘Pensar con Orgullo’ no Consello da Cultura Galega. Un debate aberto e plural  con diferentes especialistas nos estudos queer e LGBTIQ promovido pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Coñecemos os detalles con Beatriz Suárez Briones, profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Vigo e que falará da “identidade desde o desexo”.

Cova Eirós, unha porta ao pasado de Galicia

Na Cova Eirós podemos facer unha viaxe ao pasado para descubrir como vivían os nosos devanceiros. Neste Diario Cultural falamos con Ramón Fábregas Valcárcel, director científico do proxecto; e Arturo de Lombera Hermida, co-director da excavación Cova Eirós de Triacastela.

Durante os últimos once anos foron aparecendo achados que nos revelan un pouco máis da nosa historia. A Cova Eirós é unha porta ao pasado, a través da que vemos unha zona chea de piñeiros, un clima moi frío e neves permetuas e glaciares en Triacastela.

“Impresionaría mirar fronte a fronte a unha persoa das que vivían en Cova Eirós”, din os investigadores.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos os últimos achados da Cova Eirós. No tempo de literatura falamos con Armando Requeixo de libros recomendados.

“El jardín de juanita” na Fundación Luís Seoane

Neste Diario Cultural falamos con Angélica Sátiro, pedagoga brasileira que inaugura na Fundación Luis Seoane a exposición dedicada ao proxecto filosófico ‘El jardín de Juanita’, unha iniciativa internacional centrada na formación ecolóxica. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural coñecemos o cartaz deste 2019 para o festival +Que Jazz que se vai celebrar na Coruña do 3 ao 20 de xullo.

Tamén falamos con Angélica Sátiro, pedagoga brasileira que inaugura na Fundación Luis Seoane a exposición dedicada ao proxecto filosófico ‘El jardín de Juanita’, unha iniciativa internacional centrada na formación ecolóxica. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe comeza o Galicia Escena Pro, a feira de artes escénicas de Santiago de Compostela chega a súa sétima edición coa organización comaprtida da Xunta de Galicia e o colectivo Escena Galega. Coñecemos todos os detalles co director de AGADIC, Jacobo Sutíl; Belén Pichel de Escena Galega e Pilar Portela, programadora do Pazo de Cultura de Pontevedra e Presidenta do colectivos de xestores galegos.


Tamén coñecemos o cartaz do +QueJazz 2019. Un festival que chega a súa sexta edición na Coruña.

Pin It on Pinterest