Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Roi Vidal, autor de “As Máscaras Blancas”, e tamén con  Fátima Brañas, astrofísica da UVIGO, sobre a relación entre  a astronomía e a cultura popular porque esta noite realizase unha actividade no Club Náutico de Castrelo de Miño.

Comeza a Mostra de Cinema Periférico na Coruña

Comeza o Festival S8, a décima edición da Mostra de Cinema Periférico, na Coruña. Neste Diario Cultural falamos con seu director, Ángel Rueda.

“Que vai pasar se non conservamos o patrimonio? Que vai pasar se non conservamos o cinema que é a nosa memoria máis recente?”, pregúntase o director.

Un diálogo entre os creadores galegos e os internacionais, unha aposta pola recuperación dos formatos más antigos e unha volta á esencia do cinema. Así naceu este festival que, un ano máis, chega á cidade herculina.

Nunha época en que vivimos a gran velocidade a almacenamos centos de imaxes no noso teléfono móbil, esta mostra pon en valor a importancia da cultura da mirada, do desfrute de cada imaxe e a serenidade da sala de proxección, lonxe da industrialización do cinema.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza a décima edición da Mostra de Cinema Periférico na Coruña. No tempo de literatura infantil e xuvenil falamos con Montse Pena da nova novela de instituto: Un de nós mente, en Sushi Books.

‘Amarelo’ é o novo disco de Davide Salgado

Neste Diario Cultural conversamos con Pedro Pascual productor de ‘Amarelo’, o novo traballo discográfico de Davide Salgado no que mestura cancións tradicionais galegas con textos do escritor, guinista e actor Manolo Cortes.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural conversamos con Pedro Pascual productor de ‘Amarelo’, o novo traballo discográfico de Davide Salgado no que mestura cancións tradicionais galegas con textos do escritor, guinista e actor Manolo Cortes.

Tamén temos colaboración de banda deseñada con Carlos Portela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Mañá preséntase no Auditorio de Padrón o libro ‘Cartas a Murguía (1886-1923)’ dos autores e académicos Xosé Ramón Barreiro Fernández e Xosé Luís Axeitos. No Diario Cultural falamos con Xosé Ramón Barreiro para coñecer as 501 cartas que recolle este libro de máis de 300 remitentes e nas que se narra o comezo da ideoloxía rexioalista galega.

Tamén falamos con Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego que ven de comunicarlle a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) que deixará o seu posto en outubro para emprender novos cometidos profesionais.

‘Na voz da amizade’, unha homenaxe a Xabier Docampo

No Diario Cultural recordamos a Xabier Docampo a través da homenaxe ‘Na voz da amizade’, que terá lugar hoxe no Teatro Rosalía da Coruña. Alí estarán compañeiros como Suso de Toro, María Canosa, Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado, Xavier Senín, Xosé Cobas e Miro Casabella.

Xabier Docampo compartía profesión e filosofía de vida con Agustín Fernández Paz. Eran grandes escritores, mestres, amigos, amantes do cine e chairegos. A súa pegada permanecerá para sempre no seu alumnado.

“A imaxe que teño del é sempre cun sorriso”, recorda Alfonso García Sanmartín, mestre e compañeiro de Xabier e de Agustín. Tamén falamos co editor Manuel Bragado e con Paula Carballeira.

Ambos viviron nunha época que deixou atrás a represión e formaron parte do cambio nos primeiros anos da democracia. Os mestres quixeron contribuír dende a educación e puxeron en marcha plans innovadores para ensinar as materias na escola.

“Para min compartir con Xabier e Agustin a ilusión por cada un dos seus textos foi un agasallo que me fixo a vida e nunca terei gratitude suficiente para agradecerlles todo o que me ensinaron”, conta Manuel Bragado.

Pin It on Pinterest