[09:40:00] Diario Cultural do día 18/05/2019
destacado César Llana
destacado César Llana
Falamos co director do Museo Etnolóxico de Ribadavia polo Día Internacional dos Museos.
Destacado Encarna Lago
Conversamos coa xerente da Rede Museística de Lugo no Día Internacional dos Museos.
Polo Día Internacional dos Museos falamos coa xerente da Rede Museística de Lugo,
Encarna Lago, e co director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, César Llana. Acompáñanos como cada sábado o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares.
O Diario Cultural emite no Día das Letras Galegas un programa especial dende o Museo do Pobo Galego, institución que Antonio Fraguas dirixiu e presidiu.
Contamos con María Xosé Cerviño, biógrafa de Fraguas e subdirectora e Padroa Fundadora do Museo do Pobo Galego; Encarna Otero, historiadora; e Rosa Méndez, bibliotecaria do Museo.
Este xoves día 16 preestréase a curta Helsinki 79 nos Multicines Compostela de Santiago. Neste Diario cultural falamos con Pablo Fontenla, realizador da produción.
A historia de Eufemiano e Lalo, dous galegos que triunfaron co seu disco en finlandés. Un éxito co que estiveron a piques de representar a Finlandia en Eurovisión. Cando Pablo Fontenla descubriu esta historia decatouse que o mundo non podía quedar sen coñecela. Así naceu este proxecto que hoxe chega aos cines da cidade compostelá.
Xa está de xira ‘Unha noite na praia’, o espectáculo teatral escrito e dirixido por Javier Veiga e protagonizado por Carlos Blanco e Touriñán. Ambos volven xuntos aos teatros tras a experiencia o ano pasado de ‘Somos Criminais’. Agora regresan con esta comedia que estará por todos os teatros galegos neste mes de maio e en xuño.
Nesta edición do Diario Cultural falamos con Carlos Blanco e Touriñán que xa están de xira polos teatros galegos con ‘Unha noite na praia’, o espectáculo teatral escrito e dirixido por Javier Veiga. Ademáis temos colaboración de banda deseñada con Carlos Portela.
Hoxe falamos co cineasta galego Oliver Laxe que está seleccionado para competir na sección ‘Unha certa mirada’ do Festival Internacional de Cine de Cannes co seu terceiro traballo “Aquilo que arde”.
Tamén coñecemos o libro “Antonio Fraguas Fraguas. Estancias vitais dun mestre sabio”, de María Xosé Fernández, con motivo das Letras Galegas; e a partitura ‘Aires galegos’, de Andrés Gaos, publicada na colección Agra Vella.