Videos

Podcast Diario Cultural das 14:15

O antropólogo Xosé Manuel González Reboredo afonda na figura de Antonio Fraguas; repasamos as obras premiadas na cuarta Gala do Libro Galego; escoitamos os novos traballos de Dios Ke Te Crew e de Bifannah

Podcast Diario Cultural das 09:30

Repasamos os premiados na cuarta edición da Gala do Libro Galego; imos ata Ponteceso, onde comeza o Festiletras; e como cada domingo falaremos de ciencia e cultura con Manuel Vicente

Podcast Diario Cultural das 9:30

Conversaremos con Gonzo, o xornalista vigués que vén de presentar en Santiago un documental sobre as migracións; coñeceremos a primeira novela de Eduard Velasco; e estará con nós o presidente da Academia Galega do Audiovisual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Neste Diario Cultural recordamos a artista Berta Cáccamo, falecida o 11 de maio de 2018 aos 54 anos. Hoxe o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle un homenaxe á artista no que participarán Santiago Olmo, Carlota Álvarez Basso, Juan Martínez de la Colina, Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan de Nieves, Miquel Mont e Anne-Marie Cornu.

Arantza Portabales publica ‘Beleza Vermella’

A escritora Arantza Portabales publica a novela ‘Beleza Vermella’. Como atopar a arte nun feito tráxico?

A obra comeza cun asasinato e seis sospeitosos. O crime de Xiana Alén espertará as tensións e os segredos máis escuros da familia. “Todo o mundo ten algo que esconder”, asegura a escritora.

A biblioteca da Cidade da Cultura, o Ensanche de Santiago ou Cacheiras serán os escenarios polos que o lector viaxará a través das páxinas desta novela negra. “A natureza humana ás veces é horrible, o terror pode estar preto da túa casa”, di Arantza.

“Escribir esta novela baleiroume moito por dentro”, explica a escritora. A firma de libros comezará o próximo mércores na libraría Cronopios de Compostela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A escritora Arantza Portabales publica a novela ‘Beleza Vermella’. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Entrevista ao historiador Adolfo de Abel Viela

No marco da programación especial das Letras Galegas 2019, María Solar entrevista a Adolfo de Abel Viela, historiador lucense e biógrafo e amigo de Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas licenciouse en 1928 en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e dende entonces comezou a dar clases na Universidade ata que conseguiu a cátedra na Estrada. Alí impartiu clases dende 1933 ata 1936, ano noq ue perde a cátedra por ser militante do partido galeguista.

Adolfo de Abel Viela repara nesta entrevista nos anos nos que Fraguas recupera a cátedra e é profesor titulado en Lugo, uns anos ao que o homenaxeado ds Letras Galegas chamaba ‘os anos da liberdade’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe emitimos unha das entrevistas en profundidade con coñecedores da vida e obra de Antonio Fraguas.

No marco da programación especial das Letras Galegas 2019, María Solar entrevista a Adolfo de Abel Viela, historiador lucense e biógrafo e amigo de Antonio Fraguas.

Tamén escoitamos un novo capítulo das teatralizacións da obra de Fraguas e despedimos a Toñito Pedreira, vocalista de Riff Raff.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe comeza a sexta edición do Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, da Rede Museística Provincial de Lugo que tratará o tema ‘Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros’. Un congreso que se vai desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial ata este sábado 11 de maio. Coñecemos todos os detalles da man de  Encarna Lago, xerente da Rede Museística e directora do Museo Provincial de Lugo.
E hoxe tamén falamos con Margarita Sánchez Romero, profesora titular de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Granada, é unhas das persoas detrás do proxecto Pastwomen; unha web que busca dar a coñecer as investigacións en arqueoloxía e historia vinculadas ao estudo da cultura material das mulleres.

Celébranse en Pontevedra os Premios Martín Códax da Música

A web do ‘Diario cultural’ da Radio Galega, diariocultural.gal, consegue o Premio Martín Códax ao mellor espazo de comunicación. A gala tivo lugar este mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Neste espazo cultural falamos con algúns dos músicos premiados como Su Garrido Pombo, Álex Guillán, de Baiuca, e Marcos Teira.

Su Garrido Pombo destacou o papel da Radio Galega con iniciativas como ‘Medio Bolo’: “Pareceume marabilloso participar nun dos programas, que as artistas poidamos participar con actuacións sen cortes na radio en internet é fantástico”.

Marcos Teira tamén celebrou a iniciativa de Notas de Jazz de emitir concertos por Internet. “Ese programa fíxose con moito cariño. É fundamental este tipo de proxectos multimedia”.

Pin It on Pinterest