Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este mércores os Premios Martín Códax da Música. Neste Diario Cultural falamos con algúns dos premiados como Su Garrido Pombo, Baiuca e Marcos Teira.
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este mércores os Premios Martín Códax da Música. Neste Diario Cultural falamos con algúns dos premiados como Su Garrido Pombo, Baiuca e Marcos Teira.
Dios ke te crew regresa cun novo álbum titulado ‘O ciclo da serpe’ que presenta esta sábado 11 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Nesta edición do Diario Cultural coñecemos ‘O ciclo da serpe’ o novo disco de Dios ke te Crew e falamos co integrantes da banda de rap de referencia en Galicia. Tamén temos colaboración de artes do movemento con Rut Balbís.
Nesta edición do Diario Cultural falamos con Ángel Rueda, director do Festival S8- Mostra Internacional de Cinema Periférico, que se desenvolverá do 31 de maio ao 9 de xullo na Coruña.
A música forma parte do noso día a día, escoitámola na casa, no traballo, na rúa… Pero, sabemos entendela?
A Orquesta Vigo 430 organiza o ciclo Escoitantes para aprender a escoitar a música. Neste Diario cultural falamos con Cándido Cabaleiro Paz, profesor superior de piano e mestre de Educación Musical.
As xornadas de preparación rematarán co concerto da Orquestra Vigo 430. A formación interpretará a Sinfonía 6 Patética de Tchaikovsky no Teatro Afundación de Vigo o próximo 1 de xuño, ás 20.30 horas.
A Orquestra Vigo 430 ofrece ‘Escoitantes’, un proxecto para aprender a escoitar música. Falamos con Cándido Cabaleiro Paz, profesor superior de piano e mestre de Educación Musical. Como cada mércores, teatro con Roberto Pascual.
A Gala do Libro Galego entrega os premios aos mellores traballos editoriais do 2018 este sábado día 11 de maio no Teatro Principal de Santiago. E entre os finalistas de todas as categorías atópanse Montse Penas Presas, finalista de ensaio; Enma Pedreira en narrativa; María Canosa en Infantil e Xosé Tomás, finalista na categoría de banda deseñada. Con todos eles falamos no Diario Cultural.
A Gala do Libro Galego entrega os premios aos mellores traballos editoriais do 2018 este sábado día 11 de maio no Teatro Principal de Santiago. E entre os finalistas de todas as categorías atópanse Montse Penas Presas, finalista de ensaio; Enma Pedreira en narrativa; María Canosa en Infantil e Xosé Tomás, finalista na categoría de banda deseñada. Con todos eles falamos no Diario Cultural.
Hoxe tamén colaboración de música clásica con Luis Miguel Crespo.
Hoxe no Museo do Pobo Galego celébrase a Xornada Internacional de Museoloxía titulada ‘Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia’ e coordinada por Paula Godinhoa da Universidade Nova de Lisboa. Tamén hoxe presentouse en rolda de prensa a Gala do Libro Galego que se celebrará o vindeiro sábado día 11 de maio no Tetaro Principal de Santiago. E máis presentacións, neste caso a do Festival de Cans, e falamos con Abel Gallego Rodríguez, membro da organización dese festival.
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense presenta este martes a obra ‘La construcción del muro’. Neste Diario Cultural falamos coa actriz, directora e produtora Cristina Bruno, da Asociación Cultural Teatro Espressivo de Costa Rica.
A obra, centrada no tema da emigración, analiza como xorden as políticas de odio e o levantamento de muros nas fronteiras. “A historia do mundo é a historia dos migrantes, todos somos iguais, todos somos irmáns”, di a actriz.
O teatro ten a responsabilidade de expoñer temas para espertar a crítica do espectador. O público ten que saír da sala con novas cuestións, dúbidas e coa posibilidade de cambiar a súa forma de pensar, explica a dramaturga.
“O teatro é o espello de situacións sociais que ás veces ignoramos e outras tratamos de non mirar”, engade Cristina Bruno.