Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Descubrimos as migracións da man da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense
Descubrimos as migracións da man da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense
Hoxe achegámonos ao mundo de Jules Verne grazas ao proxecto ‘Escenas para unha viaxe submarina’ da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia que se expón no MARCO de Vigo. Coñecemos este traballo co seu coordinador e profesor da ESAD Ricardo Solveira.
Hoxe achegámonos ao mundo de Jules Verne grazas ao proxecto ‘Escenas para unha viaxe submarina’ da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia que se expón no MARCO de Vigo. Coñecemos este traballo co seu coordinador e profesor da ESAD Ricardo Solveira.
Tamén a nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento achéganos a homenaxe a pintora Berta Caccano, tras un ano do seu falecemento, o día 10 de maio no CGAC; e a mostra ‘Terra de soños’ da fotógrafa Cristina García Rodero, a única española que forma parte da axencia Magnum.
Neste Diario Cultural falamos con María Infantes e Din Matamoro, autora e ilustrador do libro “Mondas” que ven de publicar Euseino? Editores. Os debuxos naturais do pintor Din Matamoro son o motivo deste libro. Ademais coñecemos que o Premio Primavera do Cine á mellor longa galega é para ‘La felicidad de los perros’ de David Hernández.
No marco da programación especial das #LetrasGalegas2019, María Solar entrevista a Malores Villanueva, autora da biografía de Antonio Fraguas.
Antonio Fraguas naceu nunha casa labrega en Cotobade no ano 1905. O seu papel foi fundamental para poñer en valor a cultura galega, recuperar tradicións e crear pontes co noso pasado e raíces.
Cando chegou o instituto, Fraguas non dominaba o castelán que falaban os seus profesores e compañeiros. Iso espertou nel un orgullo polas súas raíces, lingua e cultura.
En Compostela comeza a frecuentar o Seminario de Estudos Galegos, entra nas Irmandades da Fala e rodéase de xente moi preocupada por Galicia e polo galego.
Coa sublevación fascista de 1936 comeza unha etapa moi escura da que Fraguas nunca lle gustou falar. Nese silencio dedicouse a investigar e escribir, mais nunca deixou de loitar por recuperar a historia e etnografía do pobo galego.
Fraguas nunca deixou de ser mestre, tanto dentro como fóra das aulas, para transmitir as tradicións, os xogos populares e os oficios propios da Galicia rural de comezos de século. Coñecemento do noso pasado que quedou plasmado para sempre na súa obra.