Videos

Tono Arias presenta o seu proxecto fotográfico, ‘Encarnados’

Tono Arias presenta o seu proxecto fotográfico sobre o Entroido, ‘Encarnados’. Cando Tono decidiu abrir a súa libraría especializada en fotografía, foron moitas as voces que lle dixeron que o seu negocio non ía funcionar. Por sorte, Tono seguiu adiante co seu proxecto e agora vive arredor da súa gran paixón.

“Non hai nada máis potente en fotografía que o que non vemos nela”, asegura o fotógrafo.

Nun mundo cheo de móbiles, como cambia o traballo dos profesionais? “Estamos perdendo a maxia que tiña antes a fotografía”, responde Tono.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos con Tono Arias do seu proxecto fotográfico ‘Encarnados’. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

MJ Pérez preséntanos ‘Vai embora!’


“Vai Embora!” é o novo single de MJ Pérez , o  primeiro tema en portugués da cantautora galega. Nesta nova canción combina a súa esencia con influencias da música folclórica portuguesa e o Fado. E hoxe no Diario Cultural falamos con ela.

Ademáis deixanos un agasallo que ímos sortear nas redes do programa.


 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

“Vai Embora!” é o novo single de MJ Pérez , o  primeiro tema en portugués da cantautora galega. Nesta nova canción combina a súa esencia con influencias da música folclórica portuguesa e o Fado. E hoxe no Diario Cultural falamos con ela.

Ademais a nosa colaboradora Beli Martínez, entre outras cousas, preséntanos a programación do CGAI dos meses de maio e xuño, e fálanos das películas de Berto Gracia ou do novo de Ángel Filgueira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe e mañá o CGAC acolle unhas xornadas científicas para a investigación en arte e estética contemporáneas. Nelas presentaranse algunhas das aproximacións máis innovadoras que se están a aplicar ao estudo do fenómeno artístico tanto desde a historia da arte como desde a estética. Para coñecer o obxectivo destas xornadas falamos con Miguel Anxo Rodríguez, profesor da USC e director da xornadas científicas do CGAC.

Tamén hoxe falamos con Juan de la Colina, comisario da exposición sobre a obra de Maruxa Seoane que dende hoxe se pode visitar no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo.

Estréase ‘Despois das ondas’, unha viaxe teatral pola vida de María Casares

O obra Despois das ondas estréase este venres no Teatro Colón da Coruña. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Neste Diario Cultural falamos con Ernesto Is, autor do texto e da dramaturxia; e co director Xavier Castiñeira.

María Casares naceu na Coruña pero tivo que marchar de Galicia co comezo da guerra civil. Durante o seu exilio en Francia converteuse nunha das actrices máis importantes do momento. Galicia sempre estivo presente na súa memoria.

Seica María Casares non puido volver nunca a súa terra, pero hoxe o seu recordo volverá aos escenarios.

Pin It on Pinterest