Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Estréase a obra Despois das ondas, unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Falamos co autor Ernesto Is e co director Xavier Castiñeira.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Neste Diario Cultural falamos con Alexandre Rodríguez Guerra do Observatorio de Neoloxía da Universidade de Vigo porque detectaron máis de 2000 neoloxismos en lingua galega en só un ano. Tamén temos colaboración de poesía con Alba Cid.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolle a retrospectiva “O reino do vento” de Alfonso Sucasas e oara coñecer mellor esta exposición falamos coa súa comisaria Mecedes Rozas. Ademáis hoxe comeza a octava edición do Festival Primavera do Cine en Vigo que se vai a celebrar ata o 5 de maio. Danos todos os detalles Juan de Castro, director do Festival.

Celebramos o Día do Jazz con Marcos Pin e Virxilio da Silva

Hoxe celebramos o Día do Jazz cos músicos Marcos Pin e Virxilio da Silva. Cando buscamos música máis alá das canles convencionais atopamos estilos e formas que sorprenden a calquera ouvinte.

Marcos Pin descubriu o jazz de neno, cando lle regalaron unha radio e comezou escoitar un programa de jazz. Recorda a emoción dos minutos previos á emisión do seu programa favorito.

O jazz é un estilo de vida construído arredor da improvisación e a escoita. Os músicos que descobren este xénero non poden deixar de escoitalo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe celebramos o Día do Jazz cos músicos Marcos Pin e Virxilio da Silva. Como cada martes, falamos de literatura con Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Programa especial do Diario Cultural dende o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela onde esta noite actúa Bob Dylan. Por iso temos un programa monográfico sobre o músico no que contamos co noso colaborador musical Tito Lesende e co músico Javi Pardo

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe coñecemos a escolma de poemas de Emily Dickinson ‘Herba abraiada’, traducida ao galego por Marta Dahlgren e Manuel Forcadela e que publicará o vindeiro 10 de maio Rinoceronte Editora. No Diario Cultural falamos cos traductores da obra sobre a autora estadounidense que se negou a facer públicos os seus escritos en vida.

Tamén hoxe celebramos o Día da Danza dende as estacións de ferrocarril e tren, e o aeroporto, de Santiago de Compostela.

O baile enche de ritmo as entradas e saídas de Compostela

Se chegan a Compostela no Día Internacional da Danza poden atopar un grupo de baile no aeroporto e estacións composteláns. O baile tradicional galego e as danzas de todos os estilos enchen de ritmo as entradas e saídas de Santiago.

Neste Diario Cultural temos connosco a Rut Balbís, colaboradora de artes do movemento da Radio Galega e coordinadora de Danza en Tránsito. Tamén falamos con Begoña Cuquejo, da Cía trasPediante; Amparo Pérez, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos; Pablo Castiñeira, de Vella Escola; e Juan Carlos Zahera, de fundación Down e USC.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos a iniciativa ‘Danza en tránsito’, que leva o baile de estilos moi variados ata os puntos de entrada e saída de Compostela. O motivo? Hoxe celebramos o Día Internacional da Danza.

Pin It on Pinterest