Descubrimos a exposición da pintora Fina Mantiñán
Descubrimos a exposición da pintora Fina Mantiñán
Descubrimos a exposición da pintora Fina Mantiñán
Presentamos a exposición da pintora coruñesa Fina Mantiñán. Como cada domingo, temos espazo de ciencia con Manuel Vicente.
Concerto das badaladas
Falamos con Pilar Rodríguez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia. Así comezamos a Feira do Libro de Compostela. Como cada sábado, tempo de audiovisual con Carlos Ares, con quen hoxe faremos un percorrido pola historia do cinema.
Falamos coa presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, co motivo do comeza da Feira do Libro . Tamén presentamos un concerto de badaladas que terá lugar este domingo día 28 en Tui. Como cada sábado, tempo de audiovisual galego con Carlos Ares, que hoxe fará un percorrido pola historia do cinema.
Hoxe comeza o Festival de Vilalba-FIV que celebra a súa 12ª edición este venres 26 e sábado 27 de abril e nel danse cita o mellor do indie nacional. Así esta noite actuará, la M.O.D.A., Miss Cafeina, Depedro, Marem Ladson e Sidonie Djs. E mañá será queda de Los Planetas, Iván Ferreiro, Dorian, Siloé e Cheese and Bacon Djs. Ademáis teñen preparadas moitas actividades paralelas que nos conta a responsable do FIV, Sandra Vázquez.
Hoxe comeza o FIV de Vilalba coas actuacións de La M.O.D.A., Miss Cafeina, Depedro, Marem Ladson e Sidonie Djs. E mañá será queda de Los Planetas, Iván Ferreiro, Dorian, Siloé e Cheese and Bacon Djs. Ademáis teñen preparadas moitas actividades paralelas que nos conta a responsable do FIV, Sandra Vázquez.
Tamén a nosa colaboradora de audiovisual, Beli Martínez, fálanos do Festival Primavera do cine de Vigo que comezou o 22 de abril e dura ata o 5 de maio. E recoméndanos moitos filmes novos.
Hoxe falamos con Pilar García Rego, autora do poemario “Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros” que ven de publicar a Editorial Xerais. E tamén co artista Daniel Abreu, premio Nacional de Danza 2014 por ‘La Desnudez’, un espectáculo co que estará mañá no Teatro Principal de Compostela.
António Zambujo presenta o seu traballo “Do Avesso”. A súa música encherá o Auditorio Mar de Vigo esta tarde a partir das 20.30 horas.
Comezou a cantar dende que era moi pequeno e creceu coa música e o fado sempre ao seu carón. Galicia é unha terra á que sempre quere volver. Os vigueses poderán desfrutar esta tarde do seu novo disco, protagonizado pola variedade e construído a partir da colaboración cun gran número de músicos. O resultado é un traballo coidado que amosa a un António Zambujo cheo de novos matices.
António Zambujo presenta o seu traballo Do Avesso este venres día 26 no Auditorio Mar de Vigo. Falamos con el sobre o traballo de produción do disco e sobre Galicia, a terra á que sempre quere volver. No tempo de literatura infantil e xuvenil, Montse Pena Presas recoméndanos O mundo en que vivín de Ilse Losa, traducida por Anxo Tarrío en Hércules edicións.